|
Os Libros Electrónicos (coñecidos como e-books ou Libros-e) son libros en formato dixital que ademáis de permitirnos lelos na pantalla (dun ordenador, pda, tablet PCs, etc.), permítennos realizar outra serie de opcións: engadir anotacións, suliñar, realizar búsquedas de palabras ou frases, imprimir todo ou parte do libro, etc. Desde fai uns anos, editoras e librerías producen e distribúen Libros-e que poden lerse desde calquera ordenador con sistemas operativos Windows ou Mac OS. Como case todo, os libros electrónicos, teñen as súas vantaxes e desvantaxes:
Entre as vantaxes:
-
Nun ordenador, pda, tablet PCs, etc. pódense albergar centos de libros en moi pouco espacio.
-
Pódese buscar unha palabra, frase, en todo un libro en poucos segundos.
-
Pódense engadir comentarios, notas, marcas de diferentes cores, suliñar partes do libro e gardalas con este.
-
Os visores de libros electrónicos (e-books readers) incorporan diccionarios, o que facilita o acceso rápido ó significado das palabras.
-
Tamaño de letra axustable, para que poidamos ampliar o seu tamaño se temos dificultade na súa lectura.
-
Posibilidade de lectura en alto: os lectores incorporan un sintetizador de voz que permite que o texto se lea "en voz alta".
-
Tamén se pode imprimir o libro ou partes del.
Entre as desvantaxes:
-
Non é moi cómodo ler sobre unha pantalla e cansa a vista.
-
É preciso dispor dun pda ou un portátil para poder levarse o seu libro dun sitio a outro.
-
A duración das baterías dos dispositivos portátiles non permite gran autonomía.
-
Os libros-e só se poden ler desde o dispositivo en que se descargan, por cuestións de licencia. É dicir, que non poderemos "prestalo", ou ben "lelo desde a oficina". Esta é unha gran limitación dos libros-e.
-
Os libros-e teñen a "fraxilidade" de todos os artigos dixitais. Un erro de disco, etc. pódenos facer perder a nosa biblioteca definitivamente ou, como mínimo, provocar un grave trastorno para recuperala.
Na actualidade, existen dous grandes formatos no mercado de los libros-e:
Para ler un libro nestes formatos, necesitamos o lector (software) axeitado ó seu formato. Estes son gratuitos, e permítenos, ademais de ler o libro:
- Localizar algunha palabra en todo o libro en poucos segundos.
- Engadir comentarios, notas, marcas de diferentes cores, suliñar partes do libro.
- Consultar palabras no diccionario.
- Aumentar ou disminuir o tamaño da letra, se temos dificultade na súa lectura.
- Que o lea en alto (instalando algún compoñente software adicional).
- Imprimir o libro ou partes del (se a licencia do libro o permite).
Aplicacións didácticas dos libros-e para o ensino
Ademais de poder mercar ou descargar libros-e, podemos crear os nosos propios libros-e. Isto pode ser moi interesante por varias razóns:
-
Podemos "protexer" os nosos contidos un poco máis (completamente é imposible) que nun documento producido con procesador de texto, ou cun html.
-
Os contidos quedan con un formato moi axeitado para imprimir.
-
Ofrecer ós nosos alumnos un material (apuntes, etc.) electrónico que aproveite as vantaxes de poder lerse como libro electrónico (poder facer anotacións propias, resaltar, buscar, etc.)
¿Como creamos libros-e?
Para poder crealos necesitamos seguir uns pasos (e utilizar unhas ferramentas) un pouco diferentes, dependendo de si van a ser para os dous formatos máis extendidos na actualidade:
|