|
Política Fundación
A FUNDACIÓN CESGA, na súa misión de fomentar, difundir, prestar servizos de cálculo intensivo e comunicacións ás comunidades investigadoras galegas e do CSIC, así como a aquelas empresas ou institucións que o soliciten, leva a cabo unha labor de contribución, mediante o perfeccionamento tecnolóxico e a innovación, á mellora da competitividade das empresas.
No compromiso coa calidade aséntanse os principios de funcionamento da institución:
- Proporcionar servizos de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas á comunidade de usuarios.
- Xestionar a "Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia".
- Fomentar e promocionar a cooperación entre empresas e institucións.
Desta forma, a FUNDACIÓN CESGA pretende ser o Centro de excelencia en servizos de cálculo intensivo, almacenamento de datos e comunicación avanzadas para as comunidades investigadoras galega e do CSIC, co compromiso na mellora continua no seu cometido.
Política S.A.X. CESGA
A S.A.X. CESGA promove servizos comúns de apoio á investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito das tecnoloxías da información e das comunicacións, en Galicia e na comunidade investigadora do CSIC. Para levar a cabo esta tarefa promove accións tendentes á innovación e á mellora na prestación de servizos de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas, así como actividades encamiñadas a favorecer solucións no campo da sociedade do coñecemento.
Os principios fundamentais nos que se basea o labor da institución son os seguintes:
- Promover e difundir o uso de tecnoloxías de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas.
- Promover e difundir o uso de tecnoloxías relacionadas coa sociedade do coñecemento incluíndo: comercio electrónico, ensino electrónico e sistemas de información xeográfica.
Mediante estas actuacións, a S.A.X. CESGA proxecta convertirse no Centro de excelencia de servizos comúns de apoio ao I+D+i no ámbito das tecnoloxías da información e das comunicacións en Galicia, promovendo actividades encamiñadas a favorecer solucións avanzadas no campo da Sociedade da Información e do Coñecemento e mantendo o compromiso da mellora continua na prestación dos servizos. |