Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Xulio 2018

  • díxitos Julio 2018

  • CESGA ICTS

AULA CESGA SUPERA OS 20.000 USUARIOS

 3 voto(s)

Venres 02/12/2011 13:45

AULA CESGA SUPERA OS 20.000 USUARIOS

A súa sinxeleza, versatilidade e calidade do soporte técnico fan esta plataforma moi popular entre os docentes e investigadores galegos.

Santiago, 2/12/11.- Aula Cesga, a plataforma de e-learning aberta gratuíta para a experimentación coas novas tecnoloxías no ensino, implantada para docentes e investigadores galegos, xa supera os 20.000 usuarios. Posta en produción e xestionada desde o seu nacemento, en 2002, polo Departamento de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia, Aula Cesga viu aumentar día a día as solicitudes de creación de cursos e espazos de colaboración até chegar aos máis de 700 que na actualidade están activos. En total 20.681 usuarios están actualmente empregando esta plataforma nun total de 718 cursos de diferentes ámbitos e niveis de ensino.

Plataforma aberta, versátil e sinxela

Esta plataforma permite ao docente dispor dun espazo de encontro onde compartir ferramentas cun grupo de estudantes ou profesores, como unha "aula" complementaria ás súas clases, accesible as 24 horas do día e cunha administración moi sinxela que facilita aos profesores dar apoio aos seus alumnos fóra das horas lectivas a través dos foros.

Os usuarios dispoñen de ferramentas comunicativas, zona de documentación, de traballo en grupo, modificación dos datos do seu perfil, etc. que lle facilitan o seu uso. O docente pode crear e administrar os seus espazos de aprendizaxe desde un navegador, pero tamén intercambiar información e traballar colaborativamente e en grupo con outros docentes para mellorar o seu ensino.

Desde 2002 e a xulgar polo volume de usuarios, Aula CESGA, converteuse en plataforma de referencia para docentes de toda Galicia. A súa sinxeleza de acceso convida a docentes de múltiples áreas e niveis educativos a introducirse e profundar na aplicación das novas tecnoloxías no ensino. Desde cursos de educación primaria, a secundaria, ciclos ou universidade, o número destes espazos ha ir crecendo de forma progresiva, dando mostra da vontade de experimentación con estas tecnoloxías na aula por parte de profesores de todos os niveis. Aproximadamente 100 destes cursos están a ser utilizados como contorna de colaboración por profesores e investigadores. Un caso rechamante é o das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia, que conta con 300 cursos rexistrados en Aula Cesga.

Aula CESGA é unha plataforma baseada en software libre Chamilo, mantida e xestionada polo Centro de Supercomputación de Galicia. Máis información:

http://aula.cesga.es/
http://www.cesga.es

Valorar: