Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Xulio 2018

  • díxitos Julio 2018

  • CESGA ICTS

Máis de 23.000 usuarios e 800 cursos avalan o éxito de Aula CESGA no X aniversario da súa apertura

 1 voto(s)

Mércores 13/06/2012 12:34

Nova: Máis de 23.000 usuarios e 800 cursos avalan o éxito de Aula CESGA no X aniversario da súa apertura
  • É a plataforma de aprendizaxe e colaboración de referencia en Galicia baseada en software libre.
  • A próxima versión de Aula CESGA contará con novas funcionalidades, como un servizo de multiconferencia, e mellorará as xa existentes.
  • Máis do 70% dos profesores que o usan son mulleres.
  • A experiencia de Aula CESGA foi un referente no desenvolvemento dos campus da Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago.

Aula CESGA é a primeira e única plataforma de e-learning aberta para a experimentación coas novas tecnoloxías no ensino, implantada para os docentes e investigadores galegos de todos os ámbitos. Nada co espírito de converterse nunha ferramenta para experimentar as posibilidades das contornas virtuais de aprendizaxe, actualmente é un servizo estable ofrecido pola área de e-learning do CESGA que conta con case 23.000 usuarios e 800 cursos.

Con motivo do décimo aniversario da posta en servizo desta plataforma, celebrouse o pasado venres 8 de Xuño un encontro no Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, ao que asistiron usuarios de diferentes ámbitos para coñecer as novidades que ofrecerá a próxima versión de Aula CESGA, en funcionamento ao comezo do curso 2012-2013, participar en talleres e visitar as instalacións do supercomputador Finisterrae.

Aula CESGA hoxe

Dez anos despois do seu nacemento en 2002, Aula CESGA converteuse nun referente en Galicia no mundo das plataformas de aprendizaxe e colaboración online baseadas en software aberto, posto que é a única que ofrece un espazo a investigadores e profesores galegos de calquera ámbito educativo para experimentación coas TIC, e o traballo colaborativo cos seus alumnos e compañeiros. Na actualidade conta con máis de 23.000 usuarios activos, en máis de 800 espazos de traballo e aprendizaxe. Aula CESGA é unha solución flexible, o que permite que responda as necesidades de profesores de todos os niveis educativos, principalmente: universidade, secundaria, Escolas Oficiais de Idiomas, ciclos formativos, formación de profesorado ou grupos de colaboración.

Mediante a realización de enquisas periódicas, durante estes anos púidose comprobar como se popularizou o seu uso de forma exponencial, como ha cambiando o perfil dos seus usuarios (de ser un 68% de homes en 2006, a ser unhas 70% mulleres en 2012), e como evolucionaban as tendencias e necesidades do mundo educativo. Aula CESGA hoxe é unha ferramenta moito máis social, máis colaborativa, sen abandonar a súa filosofía de sinxeleza e de ofrecer unha plataforma útil e estable para un gran número de docentes que se inician no mundo do e-learning.

Un pouco de Historia

A plataforma Aula CESGA xorde como desenvolvo propio do CESGA a partir do software de Código Libre Claroline versión 1.3 (www.claroline.net), desenvolvido pola Universidade de Lovaina, Bélxica, coa colaboración dunha ampla comunidade internacional de usuarios, principalmente universidades europeas.

A razón principal da instalación deste software debeuse fundamentalmente porque ofrecía unha solución modular, sinxela de emprego, multilingüe, e moi lixeira en termos de infraestrutura hardware e consumo de recursos no servidor e no cliente. Desde o momento da súa instalación, pénsase en “Aula CESGA” como unha plataforma de xestión de cursos versátil, que poida servir para tres funciones principais:

  • Permitir ao CESGA a experimentación e coñecemento detallado deste tipo de sistemas e a súa evolución, fundamentais na área de e-learning.
  • Servir de soporte de ferramentas complementarias de e-learning: sistemas de comunicación, de traballo compartido, etc.
  • Ofrecer un servizo estable, útil e sinxelo para docentes e investigadores da comunidade interesados na formación e innovación nos seus procesos de ensino e traballo colaborativo mediante Internet.

En marzo de 2004 lánzase a primeira versión da plataforma Dokeos (Dokeos 1.5), con melloras notables sobre Claroline. Algunhas delas, herdeiras da colaboración co desenvolvemento de Aula CESGA (chat, perfil, traballos...). Tras unha detallada análise da área de e-learning e da comunidade de usuarios de Aula CESGA, considerouse de interese a incorporación (xa non actualización) dalgunhas melloras de Dokeos 1.5 a Aula CESGA.


En 2010 produciuse un novo fork (bifurcación) da maior parte do equipo de desarrolladores de Dokeos, e xorde unha nova plataforma, Chamilo (www.chamilo.org) que herda a filosofía das anteriores, pero que ten un compromiso maior coa comunidade de software aberto e o desenvolvemento do proxecto baixo esta contorna. Así, no verán de 2010 realizamos a última migración (até a data) de Aula CESGA, que supuxo un esforzo considerable, posto que xa contaba cun número moi elevado de usuarios e cursos activos.

Próxima Versión

A próxima versión de Aula CESGA, que se porá en servizo a principios do próximo curso (agosto-setembro), contará con novas funcionalidades, algunhas moi destacadas, como un servizo de multiconferencia baseado en BigBlueButton (webminar de código aberto), pero sobre todo unha gran mellora nas funcionalidades existentes: rede social, traballo en grupos, xestión dos contidos formativos e usuarios, etc.

O nivel de satisfacción coa plataforma e co servizo de soporte que ofrece o CESGA seguiu sendo moi elevado. Estes resultados mostran a alta valoración que lle dan os nosos usuarios a unha resposta próxima e eficaz aos seus problemas ou dúbidas coa ferramenta. A próxima versión de Aula CESGA responderá á necesidade de actualización e novas funcionalidades reclamadas polos usuarios.

Valorar: