PEMES MANUFACTURERAS DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL TERÁN ACCESO A CAPACIDADE DE SUPERCOMPUTACIÓN CON CLOUDPYME
0 voto(s)
Venres 16/12/2011 12:45
Santiago de Compostela, 16/12/2011.- O Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, xunto coa Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste, AIMEN, o Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalomecánica, CATIM e a Associaçao de Industriais Metalúrxicos e Metalomecánicos de Portugal, AIMMAP queren impulsar a innovación na PEME do sur de Galicia e o Norte de Portugal, a través do uso de tecnoloxías avanzadas de deseño, enxeñaría e simulación por computador.
As empresas empregan cada vez máis modelización e simulación por computador para aumentar as súas vantaxes competitivas. CESGA, AIMEN, CATIM E AIMMAP uniron forzas para facilitar a través deste proxecto, o acceso a software de simulación de código libre e capacidade adicional de computación. CESGA e os seus asociados porán así a súa experiencia con estas tecnoloxías ao servizo do sector produtivo na euroregión. O obxectivo final é axudar ás empresas a incrementar a súa capacidade competitiva a través da innovación. Así, a través do Proxecto CloudPYME as pequenas e medianas industrias manufactureras terán á súa disposición unha serie de tecnoloxías avanzadas e coñecementos técnicos de vangarda.
CloudPYME axudará ás empresas galegas e do Norte de Portugal a ter acceso ferramentas que realmente poidan impulsar a innovación nos seus procesos e produtos. O fin último do proxecto é dotar ás empresas do coñecemento; facilitarlles o acceso a ferramentas de simulación sen custo de licenza que lles permitan mellorar os seus produtos con maior eficiencia e eficacia, a menor custo e nun tempo reducido; e proporcionais unha plataforma de soporte para a súa utilización.
Empresas galegas e portuguesas sumaranse durante 2012 á execución de Pilotos que lles permitirán acceso a contornas de supercomputación, así como a cursos de formación específicos sobre o uso das ferramentas. CloudPYME pretende ser un soporte para compañías de maneira que poidan converterse en usuarios competentes de tecnoloxías de cómputo avanzado, levando a cabo proxectos que produzan beneficios tanxibles.
O custo total do proxecto é de 417.280, dos que o 75% está financiado con fondos FEDER a través da segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal 2007-2013 POCTEP.
Máis información do proxecto dispoñible en http://www.cloudpyme.eu .
Acerca de CATIM
Creada en 1986, CATIM é unha institución privada de utilidade pública sen ánimo de lucro, resultado da unión de varios centos de empresas e asociacións con organismos públicos para a innovación e competitividade das industrias nacionais da metalmecánica e sectores afíns. Para apoiar técnica e tecnoloxicamente ao sector, presta os seus coñecementos en promoción da innovación e competitividade da industria a través de servizos en Marca CE, Enxeñaría e Equipos de Seguridade, Saúde e Seguridade no Traballo, Estudos de Ruído, Medio Ambiente, Materiais de proba, Proba de Produto, Metrología, Calidade e Innovación. Executa tarefas no ámbito das Normas Nacionais e Europeas de Normalización, Cualificación, Metrología e Marca CE, con competencias en Ensaios de Materiais, Ensaios de Produtos, calibraciones e Medicións, laboratorios Acreditados e Normalización.
Acerca de AIMEN
Con máis de 40 anos de actividade ao servizo da Sociedade e da Industria e máis de 500 empresas clientes, o Centro Tecnolóxico AIMEN dedícase aos fortalecementos da capacidade competitiva das empresas mediante o fomento e execución de actividades de I+D+i e a prestación de servizos tecnolóxicos de alto valor engadido. Para dar atención ás necesidades tecnolóxicas das entidades e empresas que os requiran, o Centro dispón dun coñecemento profundo en materiais, as súas propiedades e procesos de transformación, un equipamento técnico de gran capacidade tecnolóxica e profesionais altamente cualificados.
Así presta asistencia e servizos tecnolóxicos ás empresas que o requiran colaborando con centros de investigación na transferencia de resultados, para mellorar as capacidades tecnolóxicas das empresas incrementando os seus niveis de competitividade. Acerca de AIMMAP Fundada en 1957, a Asociación de Industriais Metalúrxicos, Metalmecánicos e Afíns de Portugal, é unha das asociacións sectoriais máis representativas do país, cun papel destacado entre a patronal portuguesa. Actualmente contan cunha unidade loxística e organizativa que, en cooperación co sector público, pon a disposición das empresas un importante conxunto de servizos para a modernización da industria metalúrxica e mecánica. Resultado da acción concertada en áreas de importancia estratéxica, a súa misión é contribuír á promoción e dinamización do sector fornecendo apoio técnico, tecnolóxico, loxístico e de formación profesional e información. Aproveitando os recursos existentes e promovendo a súa actualización permanente, AIMMAP pretende lograr un gran desenvolvemento sustentable no sector que representa.
Acerca de AIMMAP
Fundada en 1957, a Asociación de Industriais Metalúrxicos, Metalmecánicos e Afíns de Portugal, é unha das asociacións sectoriais máis representativas do país, cun papel destacado entre a patronal portuguesa. Actualmente contan cunha unidade loxística e organizativa que, en cooperación co sector público, pon a disposición das empresas un importante conxunto de servizos para a modernización da industria metalúrxica e mecánica. Resultado da acción concertada en áreas de importancia estratéxica, a súa misión é contribuír á promoción e dinamización do sector fornecendo apoio técnico, tecnolóxico, loxístico e de formación profesional e información.
Aproveitando os recursos existentes e promovendo a súa actualización permanente, AIMMAP pretende lograr un gran desenvolvemento sustentable no sector que representa.
Acerca de CESGA
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) que depende da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), é un organismo cunha traxectoria de 18 anos. O seu obxecto é fomentar e difundir servizos de cálculo intensivo e comunicacións ás comunidades investigadoras galega e do CSIC, así como a aquelas empresas ou institucións que o soliciten.
O supercomputador Finisterrae, xestionado polo CESGA e incluído no Mapa de Instalacións Científico Tecnolóxico Singulares (ICTS) do Ministerio de Ciencia e Innovación, é un sistema integrado por 144 nodos de memoria compartida e conta cun total de 20.000 GB de memoria principal, 390.000 Gb en disco e 2.580 procesadores Itanium. A adquisición do Finisterrae contou co apoio dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional, FEDER.
CLOUDPYME é un proxecto cofinanciado con fondos FEDER a través da segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 POPTEC (0448_CLOUDPYME_1_E). Máis información:
http://www.cesga.es
http://www.aimen.es/
http://www.catim.pt/
http://www.aimmap.pt/
http://www.poctep.eu/

