Suscribete

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Compromiso coa Igualdade

  • Igualdad CESGA

6º Foro Transfiere 2017

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Agosto

  • díxitos AGOSTO 2016

  • CESGA ICTS

O Proxecto Galego “Rede de Escolas Rurais na Nube” nomeado aos premios auspiciados por Nacións Unidas

Nova: O Proxecto Galego “Rede de Escolas Rurais na Nube” nomeado aos premios auspiciados por Nacións Unidas

 0 voto(s)

Luns 26/08/2013 10:25

  • Rede de Escolas Rurais na Nube é un dos proxectos nomeados por un xurado internacional de expertos na caterogía e-Learning e Ciencia aos Premios World Summit Award, e-Content + Creativity.
  • Rede de Escolas Rurais na Nube é unha iniciativa desenvolvida polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e por Balidea Consulting & Programming e que conta co apoio e activa colaboración da Xunta de Galicia.
  • O xurado reunirase para tomar a súa decisión a finais de agosto en Tallin, Estonia. A Entrega de Premios terá lugar en outubro en Sri Lanka.

 “Rede de Escolas Rurais na Nube”  de Galicia, España, foi nomeada por un xurado internacional composto por expertos en TIC para competir na seguinte rolda de de os premios World Summit Award (WSA) 2013 en e-Learning e Ciencia. “Rede de Escolas Rurais na Nube” competirá con case 500 produtos e aplicacións de Contido electrónico recoñecidas como excelentes. Preséntanse participacións desde 168 países. O gran xurado reunirase do 29 ao 31 de Agosto para tomar o seu decision na capital de Estonia, Tallin.

“Rede de Escolas Rurais na Nube”  é unha iniciativa educativa innovadora desenvolvida polo Centro de Supercomputación de Galicia e pola empresa tecnolóxica Balidea Consulting & Programming, co apoio e activa colaboración da Xunta de Galicia.

Este proxecto pretende desenvolver unha solución software, hardware e de comunicacións de alta calidade e custo eficiente, baseada en computación Cloud e código aberto, para mellorar a educación e colaboración en redes de escolas rurais dispersas de educación infantil e primaria. Isto implica optimizar a solución para correr sobre conexións de Internet pouco robustas e terminais heteroxeneos (PCs vellos e novos, pizarras interac-tivas, tablets), facéndoa usable para neno/as de entre 3 e 7 anos, profesores con pouca formación TIC, etc.

A solución permite ás escolas rurais xestionar a comunicación entre profesores, alumnos e familias, aprender a crear e compartir recursos en rede, así como o complete manexo de escritorios na nube, procuras de contido (ferramentas cloud e recur-sos de aprendizaxe) para alumnus e profesores. Ver http://youtu.be/0uap34nfjsm

Esta iniciativa comenzo en 2012 e conta con 23 pequenas escolas rurais, agrupadas en catro redes de escolas, participando nela 59 profesores e máis de 400 alumnos de entre 3 e 8 anos.

A iniciativa continua os pasos comezados en 2010 cun proxecto de investigación e innovación liderado polo CESGA, denominado "Rural Schools & Cloud Computing" finan-ciado por HP Labs, no que un grupo de investigadores, profesores e técnicos deseñaron e implantaron un “cloud”, baseado en solucións de código aberto e unha infraestrutura cloud sobre unha rede de comunicacións rural, adaptado para dar soporte á colaboración e aprendizaxe nunha rede de escolas rurais dispersas (6 escolas, 13 profesores, 100 alumnos). Estas pequenas escolas comparten profesores e reunen grupos de neno/as de diferentes idades (de 3 a 7 anos) no mesmo aula, de modo que existe unha clara necesidade de coordinar actividades entre as escolas provendo aos profesores con ferramentas potentes pero sinxelas de utilizar para romper as barreiras da distancia entre as escolas.

A solución soporta de modo activo a creación dunha “comunidade virtual de práctica” para profesores en pequenas escolas rurais, que contan agora cunha potente prataforma para a creación, comunicación e compartición das súas propostas educativas e para a aprendizaxe conxunta non só na súa pequena rede de escolas senón tamén con profes-sores doutras redes de escolas.

Na primeira volta da competición internacional un xurado deberá agora crear unha lista curta de 15-20 proxectos por cada unha das 8 categorías existentes.

Pasada esta fase, a finais de agosto e nun proceso de tres días de duración, o Gran Xurado dos premios WSA, consistente en recoñecidos expertos internacionais e líderes da industria, se runirá en Tallin, Estonia, a avaliar as iniciativas nomeadas e seleccionar as 40 mellores. Os membros do Gran Xurado proveñen de todos os continentes e pertencen a industrias culturais, de telecomunicacións, publicidade, xornalismo, investigación e docencia.

Finalmente, as 40 mellores aplicacións do mundo (5 por categoría) presentaranse en outubro en Colombo, Sri Lanka.

As Categorias dos Premios World Summit Award (WSA) son:

  •  
    • e-Government & Open Data, e-Health & Environment, e-Learning & Science, e-Entertainment & Games, e-Culture & Tourism, e-Media & Journalism, e-Business & Commerce, e-Inclusion & Empowerment.
    • “Rede de Escolas Rurais na Nube” está nomeada na categoría de e-Learning e Ciencia.
    • Sobre os premios World Summit Award

Os premios World Summit Award (WSA) son resultado dunha iniciativa global do Cumio de Nacións Unidas sobre a Sociedade da Información (United Nations World Summit on Information Society (WSIS) organizados polo Centro Internacional de Novos Medios (International Center for New Media (ICNM)) en Salzburgo,  Austria.

Visite www.wsis-award.org, facebook.com/WorldSummitAward e twitter.com/WSAoffice

Valorar: