Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Compromiso coa Igualdade

  • Igualdad CESGA

6º Foro Transfiere 2017

Taller para usuarios FinisTerrae II en INIA

Nova: Taller para usuarios FinisTerrae II en INIA

 0 voto(s)

Martes 14/02/2017 17:33

O pasado día 8 de febreiro tivo lugar no aula de informática do INIA un taller de introdución para os usuarios do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraría (INIA) que comezarán a utilizar o supercomputador FinisTerrae II do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), en base ao acordo/contrato entre as nosas institucións.

Pablo Rei e Aurelio Rodríguez do CESGA impartieron un programa apretadísimo e explicaron a arquitectura do supercomputador, os modos en que poden acceder os usuarios, o funcionamento do sistema de colas para os traballos de cálculo e algúns conceptos de computación paralela para o uso das aplicacións en sistemas con múltiples núcleos.

A recepción foi moi boa por parte dos investigadores e técnicos do INIA. A sala de informática do INIA completou o seu aforo. Os participantes viñeron do Departamento de Mellora Xenética Animal e do Centro de Investigación Forestal (CIFOR), maioritariamente, e tamén do Departamento de Biotecnología.

Resolvéronse dúbidas xerais, estratexias para a optimización das tarefas lanzadas e tamén dúbidas particulares para a instalación de aplicacións específicas no sistema.

Os interesados no curso poden atopar información sobre unha versión semellante do Taller na web do CESGA (https://www.cesga.es/es/actuais/ver_curso/id_curso/2311), e grabaciones en Youtube dun curso similar ao impartido no INIA. Primeira parte e Segunda parte.

Valorar: