Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Compromiso coa Igualdade

  • Igualdad CESGA

6º Foro Transfiere 2017

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS

O Cesga participa na segunda edición de Unha enxeñeira ou científica en cada cole

Nova: O Cesga participa na segunda edición de Unha enxeñeira ou científica en cada cole

 1 voto(s)

Luns 02/10/2017 12:28

Dúas investigadoras do CESGA participarán esta semana na acción promovida pola USC no marco do convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela, en materia de igualdade de xénero e promoción das actividades STEM (Science Technology Engineering Maths) entre escolares composteláns.

 

A actividade proposta polo CESGA será “Falando cos superordenadores”, e estará a cargo de Natalia Costas e Mª José R. Malmierca. Na mesma, de forma lúdica e práctica, levaranse a cabo varias experiencias de uso da programación básica e a súa interacción con microcontroladores e diversos compoñentes externos. 

 

Toda a información da iniciativa pode atoparse en http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0066.html
Esta actividade enmárcase dentro das accións que leva o CESGA ao longo do ano no marco do seu Plan de Igualdade.
Valorar: