Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo 2019


  • CESGA ICTS

O Archivo Dixital Valle-Inclán dende hoxe abre as súas portas no CESGA

Nova: O Archivo Dixital Valle-Inclán dende hoxe abre as súas portas no CESGA

 1 voto(s)

Martes 18/12/2018 13:39

O Grupo de Investigación Vale-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) presenta hoxe martes 18, ás 11:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, a posta en aberto do Arquivo Dixital Val-Inclán (1888-1936), que contén o fondo documental, bibliográfico, iconográfico e gráfico do escritor, con 4.500 documentos e 80.000 imaxes dixitalizadas, que inclúe a propia obra do autor nas súas múltiples edicións e traduccións, artigos propios e relacionados, correspondencia, ilustracións, fotografías...

No acto de presentación, que presidirá o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, intervirán a directora da Cátedra Vale-Inclán da USC, Margarita Santos; a decana da Facultade de Filoloxía, María José López Couso; o director do CESGA, entidade que aloxará o arquivo, Manuel Mauro Fernández; a administradora do Arquivo Dixital Val-Inclán, Carmen Vílchez; a enxeño-Laboratorio BD da Universidade da Coruña, Ángeles Saavedra Places; e María José Malmierca, a responsable da área de e-learning e colaboración do CESGA. O Cesga durante algo máis dun ano, acompañou ao grupo de investigación no proceso de migración desta base de datos ao CESGA para facilitar o acceso sinxelo á  mesma a toda a sociedade e investigadores interesados na obra do autor, e poida servir de referencia para futuros traballos de investigación relacionados.

A principios deste ano, a USC recibía de mans da familia a cesión da biblioteca persoal de Ramón Vale-Inclán así como o arquivo familiar e documentación diversa que debuxa unha imaxe de totalidade da vida e obra do escritor arousán. Este material xa formalmente incorporado aos fondos universitarios sumouse no seu día, entre outros, ao depósito do legado manuscrito orixinal do autor na Biblioteca da USC en 2009 e ao fondo bibliográfico Val-Inclán de edicións (1895-1936), probablemente o máis completo dos existentes actualmente. https://www.archivodigitalvalleinclan.es/publica/principal.htm


Presentación Valle-Inclán
Valorar: