QUERES ACCEDER A RECURSOS DE SUPERCOMPUTACIÓN DE MANEIRA GRATUÍTA CON ASESORAMENTO PERSONALIZADO?  O Proxecto EuroCC_SpainRES faio posible co novo EUROCC Spain Testbed

  1. Para quen é esta oportunidade?
    Empresas e administracións españolas, así como entidades relacionadas.EuroCC TESTBED
  2. Para que podes utilizar estes recursos?
    Realiza actividades I+D+i. Ej: probas de concepto, ensaios de escalabilidade, proxectos piloto e avaliación de aplicacións informáticas, entre outras.
  3. É totalmente gratis?
    Sen custo algún se cumpres coas condicións de uso (Anexo I da convocatoria) https://shorturl.at/cpPX9
  4. Que recursos ofrece?
    Ata 50K horas de cómputo e 40 horas de atención personalizada por actividade durante 3 meses.
  5. Como podes solicitalo?
    Enviando o formulario de solicitude https://shorturl.at/defvR asinado a eurocc-testbed@cesga.es, especificando no asunto: “SOLICITUDE + nomee da empresa/administración solicitante”.
  6. Cando podes solicitalo?
    A recepción de solicitudes será ininterrompida ata que se esgoten os recursos ofertados. Dúbidas e información adicional: eurocc-testbed@cesga.es.

Aproveita esta oportunidade única para impulsar os teus proxectos de I+D+i!