Suscribete

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Compromiso coa Igualdade

  • Igualdad CESGA

Máster HPC

  • Máster HPC

Foro Transfiere 2016

Filtrar por ano:
CESGA

Luns 08/02/2016 18:28

Nova: Torneo First Lego League Galicia o 20 de febreiro na Universidade da Coruña

O vindeiro día 20 de febreiro terá lugar a segunda edición da “FIRST LEGO League Galicia” na Coruña, coa organización da Universidade coruñesa e a participación de diferentes patrocinadores.

A FIRST LEGO League (FLL) é un programa que persegue o obxectivo de espertar na mocidade a curiosidade e o interese pola ciencia e a tecnoloxía. Máis información na seguinte ligazón: http://www.udc.es/fll

O evento emprega un xogo competitivo e a robótica, mediante Lego como gancho, así coma un proxecto científico que os equipos participantes deben resolver. En todo momento sublíñanse uns valores: o traballo en equipo, a aprendizaxe, o valor da investigación, as habilidades na resolución de problemas, a comprensión do papel da ciencia e a conciencia de contribuír nun aspecto construtivo á nosa sociedade.

Hai dúas categorías para participar:

  • FIRST LEGO League (FLL). De 10 a 16 anos.
  • Junior FIRST LEGO League (Jr. FLL). De 6 a 9 anos.

Nova completa

CESGA

Martes 02/02/2016 13:10

Nova: Casos de simulación en PEME

A simulación numérica é unha ferramenta fundamental para a competitividade das empresas, facilitando a xeración de novos produtos robustos e con gran calidade, reducindo os custos do seu desenvolvemento. Unha vez finalizado o Proxecto CloudPYME2, amosamos casos de uso por pequenas e medianas empresas. Casos Éxito (PDF)

Nova completa

CESGA

Luns 25/01/2016 12:40

Nova: Móbiles e sistemas de información xeográfica para entender os ciclos na natureza.

O proxecto europeo PhenoloGIT pretende construír, probar e avaliar toda unha infraestrutura de datos espaciais (IDE) baseada en código aberto e estándares baixo a directiva europea INSPIRE, que permita levar á escolas de primaria e secundaria a observación dos fenómenos naturais, así como a análise e a utilización de datos e estratexias de investigación sobre estes na aula.

O CESGA, principal socio tecnolóxico e impulsor da proposta, contribúe neste proxecto desde dúas das súas áreas, a de sistemas de información xeográfica e a de e-learning. O proxecto é coordinado pola Universidade de Plymouth (Gran Bretaña), e participa como socio tamén por parte galega, o CPI multilingüe O Cruze, de Cerceda. A universidade danesa VIA, así como o Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe do goberno lituano completan o consorcio europeo. Esta proposta ten unha duración de 3 anos, e está enmarcada na Convocatoria Erasmus+ da Comisión Europea.

Nova completa

CESGA

Mércores 20/01/2016 10:36

Nova: Como facer realidade o HPC en Europa

Leonardo Flores Añover e Augusto Burgueño Arjona da Comisión Europea exploran como e por que Europa debe xogar un papel de liderado en HPC no mundo.

A Computación de Altas Prestaciones (HPC, polas súas siglas en inglés) é hoxe unha das máis importantes prioridades. Europa pode conseguir o liderado mundial en HPC, non polo capricho de ser o primeiro en ter a máquina máis rápida senón para dominar esta tecnoloxía estratéxica e poñela ao servizo dunha Europa máis competitiva e innovadora e para axudarnos a abordar os problemas aos que se enfronta a nosa sociedade.

A converxencia do HPC, big data e cloud permitirá que emerxan novas aplicacións e servizos. Novos métodos de acceso facilitarán a ‘democratización do HPC’. Por exemplo, se sobre plataformas cloud pódense poñer a disposición recursos HPC e ferramentas software para análise e simulación, isto permitirá producir mellores produtos e servizos a pequenas e medianas empresas (PEME), que hoxe carecen de capacidade internamente. Por outra banda, un cloud para ciencia aberta permitirá á comunidade científica beneficiarse de grandes capacidades computacionais e dunha gran abundancia de información e datos primarios abertos a través dunha infraestrutura HPC e de datos baseada en tecnoloxías cloud.

Nova completa

CESGA

Mércores 20/01/2016 10:27

Nova: Realidade Aumentada para a Educación en Ciencia

A realidade aumentada (AR) representa unha gran promesa como ferramenta de aprendizaxe. Pero ata agora, a maior parte de investigación centrouse na tecnoloxía e a AR utilizouse principalmente para fins comerciais. Como ferramenta de aprendizaxe a AR apoia un enfoque baseado na curiosidade científica cun alto nivel de participación dos estudantes. Por outra banda, AR ofrece o potencial de facilitar a aprendizaxe enfocado en situacións do ‘mundo real’, onde o contido de AR está ligado a situacións reais e cuxa visualización realízase a través de dispositivos móbiles. Ademais, a tecnoloxía ofrece a visualización de procesos complexos ou invisibles ao ollo humano.

O proxecto producirá materiais para facilitar a aprendizaxe e participación dos estudantes, e tamén se crearán exemplos de modelos sobre como os profesores poden utilizar esta tecnoloxía e promover a participacion dos seus alumnos nas súas clases. O principal resultado do proxecto é o desenvolvemento dunha metodoloxía, materiais e directrices de aprendizaxe.

Nova completa

1112 novas