Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Xulio 2018

  • díxitos Julio 2018

  • CESGA ICTS

Descripción

Para o almacenamento en disco dispomos de distintas solucións:

  • HOME: Para o almacenamento dos directorios HOME dos usuarios cóntase cun novo sistema de almacenamento NetApp FAS9000. Este sistema reemplaza ao almacenamento unificado EMC2 VNX5700  mellorando o rendimiento e a fiabilidade do sistema. A configuración do HOME está baseada en discos SAS de 15K RPM e 1800GB, tratando de ofrecer o maior rendemento posible aínda á conta dunha capacidade en disco máis reducida. Por este motivo, o espazo dispoñible no HOME está limitado por defecto a 10GB. Para almacenamento masivo de datos, recoméndase usar o directorio STORE (ver máis abaixo).
  • Scratch: Para o almacenamento dos datos temporais dos traballos en execución, utilízanse discos locais conectados aos nodos de computación (DÁS), baseados en distintas tecnoloxías, segundo o nodo.
  • Scratch Paralelo: Para os cálculos que requiren de maiores velocidades de acceso a disco, disponse dun sistema de ficheiros paralelo baseado en Lustre, que utiliza 480 discos SATA de 2TB e está conectado a FinisTerrae-II a través dunha rede de altas prestacións Infiniband. Este sistema é o que se recomenda utilizar no FT-II para cálculos que polas súas características requiran un rendemento ou unha capacidade superior a suministrada polo scratch local dos nodos.
  • Store: Para o almacenamento masivo de datos, cada usuario dispon dun directorio accesible coa variable de entorno $STORE no que pode almacear os resultados das simulacións antigas, backups ou outros ficheiros que desexe gardar pero que polo seu tamaño non é posible manter no HOME, onde o espazo dispoñible está moito máis restrinxido. O sistema de almacenamento STORE, do mesmo xeito que o HOME, está baseado no novo sistema de almacenamento NetApp FAS9000, pero neste caso a configuración baséase en discos NL-SAS de 10TB, de maior capacidade pero de menor rendemento que os do HOME.

Hardware

  • O sistema de almacenamento FAS9000 está composto por:
    • 2 controladoras de datos en configuración activa-activa:
      • 2TB de Flash Caché
      • 8 interfaces de rede 40GbE
      • 8 interfaces de rede 10GbE
    • 38.4 TB netos en 48 discos SSD de 960GB
    • 313.2 TB netos en 168 discos SAS de 1800GB y 15K RPM
    • 980 TB netos en 120 discos NL-SAS de 10TB e 7200 RPM
  • Sistema Lustre baseado en 18 OSS e 2 MDS con 480 discos de 2TB

Guía de uso

Para máis información sobre como utilizar o sistema de almacenamento, poden consultar as guías de uso dispoñibles na sección correspondente do menú Servizos.