Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS

Para poder garantir un servizo de calidade dispoñible as 24 horas do día durante os 365 días do ano, o CESGA dispón de infrastructuras de apoio aos equipos de computación:

Enfriadoras

  • Equipamento eléctrico:

Para poder garantir unha subministración eléctrica estable e continuo, dispomos do seguinte equipamento:

  • 2 transformadores, un de 1600KVA e outro de 600KVA
  • Grupo electrógeno de 1125KVA
  • 4 Sistemas de alimentación ininterrompida, 2 de 400KVA, un de 60KVA e outro de 120KVA
  • Sistema de refrixeración

Os equipos de computación e almacenamento deben estar nunhas condicións de temperatura e humidade conforme ás recomendacións da ASHRAE. Para garantir estas condicións contamos co seguinte equipamento de climatización:

  • 2 Plantas Enfriadoras Emerson Matrix SQS de 580KW de potencia cada unha
  • 8 Unidades L15 de 120 KW
  • Sistema de extinción de incendios

Dispomos de equipos detectores de fume que activan o sistema de alarma e de extinción de incendios baseado en gas HFC227. 

  • CPD

O centro dispón dunha sala para aloxar os equipos propios e externos de 340 metros cadrados

  • Eficiencia enerxética

A eficiencia enerxética é un aspecto cada vez máis importante dentro dun centro de supercomputación xa que os consumos eléctricos dos equipos (servidores, almacenamento e rede) disparáronse. Isto ponse de manifesto no feito de que na actualidade un centro de supercomputación como o CESGA ten un consumo medio superior aos 600KW, o que implica un elevado custo na subministración eléctrica. Con consumos tan elevados resulta moi importante avaliar mecanismos para mellorar a eficiencia enerxética xa que unha redución no consumo ou un mellor aproveitamento dos recursos supón un gran beneficio tanto económico como para o medio ambiente. Para iso o centro implementou unha política de eficiencia enerxética encamiñada a reducir os consumos e mellorar a eficiencia no consumo eléctrico do centro mediante a utilización de sistemas e prácticas que optimicen este recurso e a medición continuada do rendemento a traves do PUE (Power Usage Efficiency)

SAIsO Centro dispón dun sistema de monitorización e xestión da eficiencia enerxética e mide constantemente a súa eficiencia para reducir o consumo eléctrico e as emisións de CO2. O noso PUE (Power Usage Efficiency) atópase en 1.71 de media para todo o ano 2011