Master HPC

  • Master HPC

Acreditación EUGridPMA

  • Acreditación EUGridPMA

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

CESGA Apoia

  • banner

     

  • Política de Calidade

    DNV
O servidor de cartografía GIS do CESGA crea e serve mapas dinámicos en Internet. Estes mapas permiten ao usuario a máxima interacción coa información xeográfica, accédese a información no seu formato orixinal de maneira que é posible realizar consultas como as que faría un GIS.

Un servidor de mapas funciona enviando, a petición do usuario desde o seu navegador,unha páxina cunha cartografía asociada en formato de imaxe. Podemos dicir que un servidor de mapas é, un GIS a través de Internet. Ademais de visualizar os mapas pódese interactuar con eles con operacións como zoom, panzoom, procura selectiva ou consultar información de base de datos asociada.
MAPAS

Mapa físico de Galicia: Este mapa comprende a hidroloxía e o relevo galegos.

Mapa administrativo de Galicia: Mapa de Galicia que comprende provincias, comarcas, concellos, núcleos urbanos e vías de comunicación.
 
Proxecto PROPSOLOS: Proxecto do programa investigadores emerxentes financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012. A finalidade do proxecto é establecer unha base cartográfica de propiedades de horizontes superficiais dos solos de Galicia, entre as que se inclúen textura do solo, contido en carbono orgánico e contido en metais traza. Posto que o clima é un importante factor que condiciona a distribución das propiedades dos solos, ata o momento realizouse un Atlas Climático Dixital de Galicia utilizando modelos lineais non estacionarios, a moi alta resolución, que servirá de información auxiliar para a estimación da variabilidade espacial das citadas propiedades de chans en Galicia.

Proxecto FAROS: Faros (o acrónimo para Integral Networking of Fishing Sector Actors to Organize a Responsible, Optimal and Sustainable Exploitation of Marine Resources), é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa LIFE+ENVIRONMENT da Unión Europea, que persegue desenvolver e implementar unha rede para a xestión eficiente e integral dos descartes e as capturas accesorias, que implique a todos os actores do ámbito pesqueiro (frotas, portos, lonxas, industrias procesadoras, transformadoras e valorizadoras, etc...)

Proxecto IDEPATRI: Proxecto para Deseño e desenvolvemento dun modelo de datos para unha Infraestructura de Datos Espaciáis arqueolóxica da Idade de Ferro en Galicia

Mapa do Chan Empresarial en Galicia e  norte de Portugal: Localización e información dos polígonos industriais de Galicia e norte de Portugal. Mapa realizado para o proxecto Consolida (www.consolida.info)

Descobre o GIS. Proxecto Terra
: Contido Xeográfico para o proxecto educativo Terra

O CESGA ofrece aos seus usuarios a posibilidade de desenvolver un servidor de mapas específico con datos alfanuméricos própios, co fin de servilos en Internet ou nunha Intranet.