Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2015

  • Annual Report 2015

  • Logo ICTS
  • Cluster TIC Galicia
  • Descrición do servizo

Dende o seu nacemento, o CESGA hospeda portais e bases de datos, para: universidades ou entidades relacionadas coa Sociedade da Información e institucións asociadas e/ou adheridas a RECETGA, para que o seu acceso sexa máis eficiente e seguro.

Con este propósito, o CESGA pon a disposición dos usuarios diversas máquinas para aloxamento web, permitindo o desenvolvemento de portais coas seguintes características:

- Subida/descarga de arquivos mediante SFTP.

- Plataforma web baseada en LAMP (Linux, Apache, MySQL e PHP).

- Espazo en disco suficiente para webs de tamaño medio, e posibilidade de solicitar máis no caso de que estea xustificado.

NOTA: O dominio debe ser contratado polo usuario solicitante.

  • Solicitude do servizo:

Este servizo está dispoñible para institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA, sempre que cumpran cos criterios de adhesión.

Para realizar a solicitude por vía telemática debe de cubrir adecuadamente na sección de Soporte a Usuario o Formulario de Solicitude de aloxamento web.  

  • Tarefas

O aloxamento estándar está baseado na plataforma LAMP (PHP 5.x, MySQL 5) con 5GB de almacenamento.
Faráse unha oferta concreta coa análise de cada caso particular, segundo os requirimentos e condicións do proxecto no que se enmarque. 

  • Política de uso

O servizo adscríbese á política xeral de uso de servizos do CESGA, consulte na área de Soporte a Usuarios: Política xeral de uso.