Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Agosto

  • díxitos AGOSTO 2016

  • CESGA ICTS
Nesta sección poderá acceder a información práctica para o uso dos diferentes servizos.
  • Na sección de "Computación" poderá obter información de aplicacións soportadas nos diferentes sistemas de computación, información de utilización de aplicacións, manuais e guías de uso, estado actual dos sistemas e consultar as FAQ. Pode consultar a sección de acceso restrinxido, facendo uso do email escollido na alta de usuario, para o acceso ás máquinas e do password utilizado para conectarse ás mesmas.
  • Na sección "Comunicacións" poderá consultar estatísticas de tráfico no acceso á rede nacional de investigación, RedIris, así como información de monitorización dos diversos equipos (no caso de solicitar monitorización dunha máquina en concepto de housing/hosting) ou centros que teña asignados (no caso de usuario xestor de intitución conectada a RECETGA). 
  • Na sección "e-Learning e Colaboración" poderá consultar a información relativa a guías de uso e manuais das diversas plataformas de colaboración dispoñibles. 
  • Na sección "GIS" poderá consultar información divulgativa en relación aos sistemas de información xeográfica.

Adicionalmente, e para unha mellor xestión dos servizos dispostos proporciónanse ligazóns de xestión dos mesmos: 

  • Na sección "Os meus tickets" poderá abrir novas consultas ou incidentes dos diversos servizos existentes, así como facer un seguimento daquelas consultas en curso, ou verificar aquelas que xa foron resoltas. 
  • Na sección "Formación" poderá consultar a oferta formativa de CESGA ou outras convocatorias e/ou cursos que poidan ser de interese no ámbito de actuación do CESGA. Tamén se facilitan materiais de interese e localizar materiais de interese.
  • Na sección "Formularios de solicitude" atopará un acceso rápido para a solicitude de calquera servizo de CESGA, así como outros formularios de interese como poden ser o de visitas ao centro, solicitude de acceso ao CPD para intervencións, etc. Aquí tamén poderá localizar a información relativa ás políticas de uso aceptables relativas á Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) así como aos servizos de computación ou outros provistos.