Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS

Condicións específicas de utilización dos servizos de computación de CESGA

Todos os usuarios dos sistemas de computación do CESGA deben estar familiarizados e aceptar as seguintes condicións de uso:

Legalidade:

Os usuarios comprométense a non aceptar nin estimular prácticas que violen a lexislación española ou da Unión Europea.

Relativas á seguridade:

Comprometeranse a non compartir a súa conta con ningunha outra persoa. 
Utilizarán un contrasinal seguro e descoñecido para outras persoas.
Comprometeranse a non saltar as medidas de seguridade existentes, así como a non acceder aos recursos, sistemas ou información á cal non teñan autorización para acceder. 
Deberán informar aos servizos de soporte do CESGA de calquera evento que implique un fallo na seguridade dos sistemas ou de calquera outro risco potencial. 
 • Deberán proporcionar ao CESGA a identificación do terminal ou terminais dende os cales están a acceder.

Relativas á utilización:

Comprometeranse a utilizar os recursos de forma eficiente e unicamente para o propósito para o que foron autorizados.

Para a utilización de software cuberto por calquera acordo de licenza do CESGA, respectarán as condicións do devandito acordo.

Non utilizarán os recursos do CESGA de calquera maneira que poida ofender a outros usuarios.

Denegarán a responsabilidade dos operadores do CESGA no caso de que poidan sufrir calquera perda como resultado da utilización dos recursos do CESGA.

Permitirán aos operadores do CESGA o acceso á información xerada no CESGA e a monitorización das actividades que realicen co fin de manter o funcionamento dos recursos utilizados.

Acepto que os recursos do CESGA non estarán sempre dispoñibles para a miña utilización do modo esperado e de denegar calquera responsabilidade sobre os operadores do CESGA en caso de atoparme afectado pola dispoñibilidade ou calquera outro aspecto dos recursos do CESGA

Incluirán mención explícita da utilización dos recursos e servizos do CESGA na produción científica (artigos, presentacións en congresos, conferencias, libros, capítulos de libros, etc.) realizada como resultado da utilización dos devanditos recursos. Dita mención incluirá unha breve descrición dos recursos de cálculo utilizados.

Deberán facilitar ao CESGA unha breve descrición do proxecto de investigación realizado, utilizando os recursos de cálculo do CESGA, e reportará cando lle sexa solicitado, a produción científica para a cal utilizaron os recursos computacionais do CESGA. Ademais comprometeranse a autorizar a publicación da devandita información na memoria anual do CESGA.

Para o cálculo das core-horas (ou core-hours) consumidas polos traballos dos usuarios multiplicarase o número de cores reservados polo traballo multiplicado polo tempo de execución (tamén chamado elapsed time ou wall time) do trabajo. Os cores reservados polo traballo serán os cores usados por éste e tamén os que non poidan ser utilizados por outros traballos debido aos recursos solicitados por él. Por exemplo se un traballo utiliza 1 core dun nodo pero utiliza toda a memoria do nodo o un nodo en exclusiva, os cores reservados serán todos os do nodo.

Responsabilidade e sancións

Cando se demostre un uso incorrecto ou non aceptable con respecto ao especificado neste documento, o CESGA procederá á interrupción do servizo prestado, dependendo da gravidade e reiteración do incidente, mediante a suspensión temporal do servizo ou a retirada indefinida do mesmo.

As responsabilidades que puidesen derivarse da incorrecta utilización dos recursos polo usuario serán asumidas polo propio usuario.

O CESGA disporá os medios necesarios para permitir a consulta destas normas de forma fácil.