Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Agosto

  • díxitos AGOSTO 2016

  • CESGA ICTS
FinisTerrae é o supercomputador do CESGA que se integra cun 20% da súa dispoñibilidade na  Instalación Científico Tecnológico Singular (ICTS) Rede Española de Supercomputación (RES).

O FinisTerrae foi cofinanciado pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)  e os Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

 

  • Acceso   

A RES, mediante convocatorias periódicas, ofrece acceso a os seus recursos a investigadores pertencentes a comunidade científica de países da UE, do Espacio Económico Europeo e países del programa CYTED.

As convocatorias de acceso teñen como principal obxectivo ofrecer a grupos de investigación (ou investigadores individuais) acceso priorizado aos recursos de computación da RES para a realización de traballos de investigación,  adquisición de coñecementos ou  formación nas tecnoloxías de uso na instalación.

Para dar servizo aos usuarios da ICTS, o CESGA abre anualmente 20% de horas de cálculo do Finis Terrae.

Para mais información sobre ó acceso ás convocatorias consulte a RES.