Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS

Descarga o noso cartel


Ampliado o prazo de inscrición:
15 de maio

 

CESGA convoca a terceira "CESGA Computational Science Summer School" que se celebrará do 4 de xuño ao 30 de setembro de 2011. A Summer School está dirixida a licenciados, enxeñeiros, investigadores e programadores, tanto do ámbito académico como empresarial, que estean a desenvolver solucións de software nos campos científico-técnicos, ou que desexen mellorar a súa cualificación en ciencia computacional, ou desenvolver a súa carreira como programadores de aplicacións científicas ou de cálculo intensivo. Esta Summer School tamén está orientada a aqueles profesionais que queiran sacar o máximo rendemento ás novas arquitecturas de procesadores.

Os obxectivos da CESGA Computational Science Summer School 2011 (CCSSS11) son os seguintes:

  • Proporcionar capacitación no desenvolvemento de aplicacións científicas de cálculo intensivo.
  • Proporcionar capacitación na programación de aplicacións de computación paralela.

A CCSSS11 divídese  nesta terceira edición en dous niveis centrados en cumprir estes dous obxectivos.


Durante a Summer School impartiranse os seguintes cursos de formación en programación, optimización e depurado de aplicacións científicas, tanto secuenciais como paralelas:

Nivel Básico

  • Programación en Fortran (05/07-08/07, 09:00 a 14:00 horas)
  • Programación en C (11/07-15/07, 10:00 a 14:00 horas)
  • Compilación, execución e optimización de programas científicos (18/07-22/07, 10:00 a 14:00 horas)
  • Introdución a algoritmos de resolución de aplicacións científicas (26/07-29/07, 09:00 a 14:00 horas)

Nivel Avanzado

  • Programación paralela utilizando directivas OpenMP (30/08-02/09, 09:00 a 14:00 horas)
  • Introdución á programación en MPI (05/09-09/09, 10:00 a 14:00 horas)
  • Ferramentas de desenvolvemento de aplicacións paralelas: Debugging e análise do rendemento (12/09-16/09, 10:00 a 14:00 horas)

Toda a información sobre a Summer School pódese atopar nesta ligazón.

Datas: Do 04.07.2011 ao 30.09.2011
Nº horas: 140 (Nivel básico 80 horas; Nivel avanzado 60 horas)
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Nº prazas: 15 (Preferencia para os solicitantes de praza na Summer School completa, Niveis Básico e Avanzado)

Contacto: ccsss11@cesga.es


Inscrición:

Para levar a cabo a inscrición debe cumprimentar este formulario.

Documentos