Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Decembro

  • díxitos Decembro 2017

  • CESGA ICTS

Aplicacións

ScaLAPACK

Versións dispoñibles:

SVG

  • 1.8.0

Descrición


ScaLAPACK (Scalable LAPACK) é unha librería que inclúe un subconxunto de rutinas LAPACK rediseñado para computadores paralelos de memoria distribuida MIMD. Actualmente está escrito en estilo Single-Program-Multiple-Data empregando pasos de mensaxe explícitos para a comunicación entre procesos. Asúmese que as matrices se colocan seguindo unha descomposición cíclica de bloque de dúas dimensións.

ScaLAPACK está diseñada para computación heteroxénea e é portable a calquer computador que soporte MPI ou PVM.

Ó igual que LAPACK, as rutinas de ScaLAPACK baséanse en algoritmos de particións en bloque co fin de minimizar a frecuencia de movementos de datos entre os distintos niveles da xerarquía de memoria. (Para este tipo de máquinas, a xerarquía de memoria inclúe a memoria off-processor de outros procesadores, ademáis da xerarquía dos rexistros, a caché e a memoria local en cada procesador). Os bloques de construcción fundamentais da biblioteca ScaLAPACK son versións de memoria distribuida (PBLAS ) de nivel 1, 2 y 3 de BLAS, e un conxunto de Basic Linear Algebra Comunicación Subprograms (BLACS) para as tarefas de comunicación que xurden con frecuencia en cálculos paralelos de álxebra lineal. Nas rutinas de ScaLAPACK, tódalas comunicacións entre procesos prodúcense dentro de PBLAS e BLACS. Un dos obxetivos de diseño de ScaLAPACK foi que as rutinas de ScaLAPACK se pareceran ás súas equivalentes de LAPACK tanto como fora posible.

Guía de uso


No SVGD está instalada a versión 1.8.0 de ScaLAPACK.

Para empregar esta librería é necesario cargar o módulo correspondente:

module load scalapack/1.8.0

Mediante a carga do módulo actualízanse as variables de entorno necesarias.

Exemplo de compilación e linkado usando esta librería:

mpif90 example.f -o example -lscalapack -lblacsF77init_MPI-LINUX-0 -lblacs_MPI-LINUX-0 -lblacsF77init_MPI-LINUX-0  -lacml

Exemplo de execución:

mpirun -np 6 ./example

URL Manual

Soporte


Ante calquera dúbida ou problema co uso deste paquete de software diríxase a aplicacions@cesga.es