A Supercomputación na túa vida

Actividade deseñada para que os rapaces e rapazas de 4º, 5º, e 6º curso de educación primaria aprendan que é e como fan uso da Intelixencia Artificial e do Big Data nas súas vidas.

Aprenderemos:

  • Que é un supercomputador
  • Como é o supercomputador FinisTerrae instalado no Centro de Supercomputación de Galicia
  • Que é a Intelixencia Artificial e o Big Data e usos destas tecnoloxías no día a día.

Cando: Venres 24 de setembro – 11:00 h – 11:50 h

Onde: Acceda como ointe á sala CESGA do G-NIGHT https://gnight.teltek.es/access/public/meeting/685618659

Nesta sesión de 50 minutos de duración:

Realizaremos unha visita virtual ao supercomputador FinisTerrae instalado no CESGA.

Amosaremos algúns ámbitos nos que se utilizan a Intelixencia Artificial e o Big Data como son os deportes, o tráfico, a música, as redes sociais ou a saúde.

Realizaremos algunhas actividades prácticas co alumnado para que poidan comprender mellor estes conceptos.

Colaboradores G-NIGHT

Rexistrate aquí e enviarémosche a clave de acceso: