G-NIGHT: NOITE GALEGA DAS PERSOAS INVESTIGADORAS

A Supercomputación: unha ferramenta clave para mellorar a competitividade da túa empresa.

Hoxe, a pregunta para a industria xa non é que é o que se pode facer coa supercomputación senón que empresa será a primeira en utilizala para revolucionar o seu sector.

No Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, estamos empeñados en que as empresas galegas non queden atrás nesta carreira. Por iso, poñemos 50.000 horas de supercomputador FinisTerrae e un guía experto ao servizo da túa peme para probar o teu proxecto innovador.

Prepara xa a túa empresa para tirar proveito da supercomputación. Acude e descubre como a túa empresa pode beneficiarse desta oferta.

Cando: Venres 24 de setembro – 17:00 h – 17:50 h.

Onde: Accede como asistente á sala CESGA do G-NIGHT:

Sala virtual CESGA, baixo “Santiago”: https://gnight.teltek.es/virtualspace/

Coñece o Supercomputador que tes ao teu carón, FinisTerrae
17:00 h. O CESGA, unha instalación científico técnica singular do estado ao servizo da pequena e mediana empresa en Galicia.

Nacho López Cabido, Subdirector Técnico CESGA e Investigador no proxecto EuroCC.

Algúns Usos típicos da Supercomputación nas empresas
17:10 h. Intelixencia artificial e aprendizaxe máquina: Fábricas que aprenden por si mesmas.

David García Selfa, Investigador CESGA en proxectos de innovación empresarial.

17:20 h. Da simulación á realidade.

Lorena Fernández Fernández, Investigadora CESGA en proxectos de innovación empresarial.

17:30 h. Desmitificando o Big Data.

Javier López Cacheiro, Investigador CESGA en proxectos Big Data.

Ven e proba por ti mesmo o Supercomputador FinisTerrae
17:40 h. Presentación do Banco de Probas EuroCC no CESGA para innovación en empresas: Poñemos ate 50.000 horas de uso de superordenador e a un guía experto para axudarte a realizar probas dende a túa empresa. Ven e contámosche como.

Laura Martínez Calvo, Investigadora CESGA no proxecto EuroCC.

17:45 h. Micro aberto para os asistentes

Fai aquí as túas preguntas

Solicita utilizar o Banco de Probas.

17:55 h. Peche da sesión

Colaboradores G-NIGHT