O ollo e a máquina Ciclo de Cinema

Ciclo de cinema: O ollo e a máquina

O CESGA organiza un ciclo de cinema en colaboración con Kinocube Cinema e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) durante o mes de abril. O ollo e a máquina é un percorrido narrativo, histórico, estético e científico pola sociedade occidental no século XX a través do concepto de computación e a súa representación audiovisual. O obxectivo é salientar a importancia do cinema como construtor de ficcións arredor da ciencia e do progreso tecnolóxico; e polo tanto a súa capacidade para recoller, construír e reflectir a imaxe -máis ou menos deformada- do contexto histórico e social no que se desenvolve

O ciclo terá lugar no Auditorio do CGAG os días 5, 11, 12, 18 e 19 de abril ás 18.00h e cada filme contará cun pequeno coloquio posterior no que reflexionar sobre todas estas cuestións.

Para máis información, visita a páxina web de Kinocube Cinema.