Posto: Investigador/a postdoutoral en Química Computacional
Referencia: PERTE47-25-INV-POS-QC
Resumo:
O posto ten como cometido a realización de tarefas de deseño, adquisición, instalación, configuración, posta en operación e servizo de arranque inicial das infraestruturas e servizos dos proxectos do Plan Estratéxico da RES 2021-2024 (denominados no seu conxunto proxecto PERTE47). Terá como actividade principal a realización de todas aquelas tarefas técnicas necesarias para a posta en operación dos proxectos do PERTE47, particularmente os de “RES-CESGA-03 Finisterrae IV” e “RES-CESGA-04b Permanent Data Storage System”.
Realizará actividades de investigación orientada á posta en marcha no CESGA de optimización de técnicas avanzadas de simulación de Dinámica Molecular (MD) para o estudo de biomoléculas e as súas interaccións con fármacos, automatización de simulacións para produción masiva de datos e análises mediante metodoloxías de Big Data e Machine Learning.
Traballará integrado/a en un equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.
Requisitos mínimos das/os candidatas/os:
1.- Doutoramento internacional na área de Química ou modelización química computacional.
Documentos imprescindibles a presentar:
– ANEXO 01 (Modelo de Solicitude), cumprimentado e coa túa firma dixital.
– DNI o NIE.
– Currículum Vitae, que permita comprobar os requisitos e méritos indicados no Anexo 02.
– Memoria técnica.
Publicado: 07/07/2025
Anuncio DOG, 07 de xullo 2025
Bases da convocatoria
Anexo 01: Modelo de solicitude (docx)
Anexo 01: Modelo de solicitude (odt)
Anexo 02: Cadro da convocatoria
Modelo de alegación ou recurso (docx)
Modelo de alegación ou recurso (odt)
Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.