Descrición do proxecto: Microclimate Impacts of SOLar farms (MISOL)
As granxas solares fotovoltaicas están a construírse rapidamente en todo o mundo a un ritmo sen precedentes co fin de satisfacer a demanda global e acadar os obxectivos de emisións netas cero. Xunto coa enerxía eólica, a enerxía solar converterase na principal fonte de enerxía renovable no mundo para o ano 2030, cun total de 354 GW instalados só no 2023 a nivel global.
As grandes granxas, por exemplo de 50 MW ou máis, ocupan máis de 150 hectáreas (1,5 km² ou aproximadamente 100 campos de fútbol). Coa instalación de milleiros de paneis solares nunha superficie de terreo tan extensa, modificaranse as propiedades do solo, como o albedo (reflectancia da luz solar) ou o índice de vexetación, o que pode xerar cambios nos procesos terra-atmósfera.
Estes cambios poden provocar impactos no microclima, como variacións na humidade ou na temperatura da superficie terrestre, en comparación coa zona circundante (non alterada). É necesario cuantificar estes impactos a escala microclimática ao longo do tempo mediante estudos a longo prazo, aínda que estes efectos proveñen da acumulación de impactos instantáneos inducidos polas granxas solares.
Fai clic nas ligazóns de abaixo para ver a documentación e os detalles dos postos que imos cubrir no proxecto.
Denominación do posto | Prazas | Data límite solicitudes |
---|---|---|
Investigador/a en mecánica de fluidos aplicada ás enerxías renovables | 1 | 23/09/2025 |
Investigador/a predoutoral en mecánica de fluidos aplicada ás enerxías renovables | 1 | 23/09/2025 |
A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.