Título: Obradoiro de espazo de datos FarmaciaVAX coa plataforma D-Spacer de SQS.
Un dos obxectivos do Centro Demostrador Multisectorial DATAlife é establecer plataformas que permitan a compartición segura e soberana de datos. Nesta liña, presentamos unha implementación do caso de uso FarmaciaVAX a través da solución D-Spacer, unha plataforma desenvolvida por SQS.
Este obradoiro, impartido polo persoal de SQS, organízase para mostrar tanto aos socios do programa como a outros interesados un exemplo dun espazo de datos adaptado ao sector saúde.
Data: xoves, 09 de outubro de 2025.
Horario: 11:00 a 12:30.
Dirixido a: grupos e centros de investigación, universidades, empresas e outras entidades interesadas en espazos de datos.
Modalidade: en remoto. Enviaráselle os detalles da videoconferencia a través de correo electrónico.
Estrutura:
- Introdución a D-Spacer.
- Descrición do caso de uso FarmaciaVAX.
- Caso práctico: como unirse e operar nun espazo de datos.
- Preguntas e respostas.