Os días 17 e 18 de decembro, o Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela acolleu a segunda edición da International Quantum Business Conference 2025, un evento de ámbito internacional no que se deron cita os principais actores do ecosistema cuántico. Investigadores, centros tecnolóxicos, empresas, universidades e administracións públicas compartiron espazo e concoñecementos sobre un eixo principal: posicionar as tecnoloxías cuánticas e a intelixencia artificial como base da transformación dixital relacionada coa supercomputación.

Temas principais

Máis de 70 intervenciónes internacionais, clasificadas na súa maioría baixo as temáticas Business Track, Scientific Track o Technology Transfer Track, permitiron aos asistentes acceder a unha panorámica global sobre a presenza das tecnoloxías cuánticas en diferentes ámbitos, aplicacións e rexións xeográficas. Entre elas, destacaron:

  • Casos de uso industriais: Tratáronse aplicacións reais de tecnoloxías cuánticas en sectores como automoción, finanzas e saúde.
  • Enfoques híbridos cuántico-clásicos: Abordouse a combinación da computación cuántica e clásica como vía para resolver distintos desafíos da actualidade.
  • Quantum Flagship da CE: Destacouse o papel estratéxico dos centros de supercomputación como impulsores da innovación cuántica en territorio europeo.
  • Colaboración Unión Europea – Xapón: A cooperación entre a Unión Europea e Xapón é, na actualidade, condición de posibilidade para acelerar o desenvolvemento do ecosistema.

Todo isto complementado coa presenza dalgúns dos principais implicados no ecosistema: Shintaro Sato (director do Quantum Laboratory Fujitsu Research), Carmen Cotelo (directora da Axencia Galega de Innovación, GAIN), Román González (conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia), Lois Orosa (director científico do Cesga) ou Almudena Justo (directora internacional do Quantum Center Fsas Technologies), entre outros.

Cesga e Quorum Spain, protagonistas

O Cesga colaborou, un ano máis, con Fsas Technologies (Fujitsu) e a Xunta de Galicia para trasladar á comunidade galega o estatus de referencia que tanto tempo se leva traballando neste ámbito. Lois Orosa, director científico do centro, participou na primera mesa redonda aportando a súa visión sobre os centros de I+D como actores chave na próxima gran transformación tecnolóxica, impulsada pola converxencia entre a inteligencia artificial e a computación cuántica.

Andrés Gómez, administrador de aplicacións y proxectos do Cesga, tomou a palabra na presentación dos resultados do proxecto Quorum, o cal estivo desenvolvendo unha intensa actividade centrada na formación, na divulgación e na conexión co ecosistema cuántico en España, no cal se adscriben entidades como o Cesga, Gradiant, a Xunta de Galicia, FsasTechnologies (Fujitsu), Fidesol, Itecam e QCentroid.

Sen esquecer, por suposto, o papel da Axencia Galega de Innovación (GAIN). A súa directora, Carmen Cotelo, fixo énfase nos fitos acadados este 2025: o mencionado proxecto Quorum, 1HealthAI Factory ou a participación na European Quantum Technologies Conference 2025, en Cophenague (Dinamarca).

En conclusión, a II International Quantum Business Conference volveu a destacar a importancia da computación cuántica na transformación industrial, salientando os casos de uso, as infraestructuras avanzadas e as sinergias internacionais.

QUORUM SPAIN é un proxecto subvencionado polo CDTI e financiado con fondos Next Generation da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, ransformación y Resiliencia.