O CESGA, peza clave do novo Val de Innovación europeo especializado en cuántica (proxecto EQUIVALEMT)
A Comisión Europea confirma a constitución dun novo Val de Innovación europeo especializado en tecnoloxías cuánticas cuxo liderado recae en Galicia a través da Xunta, a Axencia Galega de Innovación e o CESGA.
Para desenvolver esta iniciativa, pónse en marcha o proxecto EQUIVALEMT (European Quantum Innovation Valleys as Strategic Emerging Technology), cun investimento global de 14,3 millóns de euros (tres de los cales asignaronse a Galicia), e unha duración de 50 meses.
Os obxetivos básicos do proxecto están aliñados coa necesidade da UE de reforzar a súa soberanía tecnolóxica. Neste senso, a cuántica establécese como un de los piares fundamentais, non só para a investigación, senon tamén para aspectos estratéxicos cruciais, como a seguridade das comunicacións ou a eficiencia enerxética. O proxecto EQUIVALEMT servirá para acelerar a transferencia de coñecemento en tecnoloxías cuánticas para o mercado e a sociedade en xeral, impulsar o crecemento de empresas científico-tecnolóxicas e mellorar a formación das persoas, o que asegura un futuro con profesionais altamente cualificados.
Está previsto o lanzamento de tres liñas de axudas dirixidas a realizar probas tecnolóxicas en entornos reais, de forma que a industria conte cunha variedade de casos de uso escalables, acelerando a súa adopción. Complementariamente, realizaránse tarefas de avaliación e análise, formación e desenvolvemento de talento, apoio a startups, creación de cadeas de valor tecnolóxicas e elaboración de recomendacións de política pública, sempre no marco da cooperación entre as rexións implicadas no proxecto.
Por que cuántica e por que Galicia?

Nos últimos anos, o ecosistema galego deu pasos firmes para establecerse como un referente en tecnoloxías e infraestruturas cuánticas, co QMIO como buque insignia dunha infraestrutura ao servizo dun ecosistema que experimenta un crecemento sostido: contamos cun Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas, unha liña QKD operativa entre Vigo e Santiago, aplicativos e emulacións como CUNQA.
No CESGA, estas tecnoloxías xa están dando froitos en forma de investigacións emerxentes que van perfilando as liñas de investigación do futuro. Adicionalmente, grazas aos convenios co IGFAE e o VQCC | AtlanTTic, contaremos con dous laboratorios cuánticos nos que desenvolver aínda máis as posibilidades reais destas tecnoloxías.
Quen forma parte de EQUIVALEMT?
O proxecto EQUIVALEMT logrou reunir un consorcio de enorme calado, baixo o liderado dos axentes galegos. En total, 19 socios (axencias regionais, centros de investigación, universidades, clústeres industriais e empresas tecnolóxicas) están integrados neste Val de Innovación en cuántica. Quen son e de que países proceden?
– En España: Xunta de Galicia, Axencia Galega de Innovación y Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).
– En Italia: Regione Emilia-Romagna, Clust-ER Innovazione nei Servizi, Politecnico di Milano y Orthokey Italia.
– En Portugal: Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N) y el International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL).
– En Finlandia: Business Tampere y la Tampere University.
– Nos Países Baixos: TU Delft.
– En Francia: Région Île-de-France, CEA (Commissariat à l’Energie Atomique), Teratec y Systematic Paris Region.
– En Rumanía: Regional Development Agency West Romania (ADR) y la Euro Atlantic Diplomacy Society, y de Austria, el DCS Computing.
– En Austria: DCS Computing.
– No Reino Unido: Welsh Government.
Que son os Vales de Innovación?
Os Vales de Innovación (Innovation Valleys) son unha das pezas integradas nunha estratexia europea máis ampla, a de Ecosistemas Europeos de Innovación. O obxectivo dos Vales é conectar ecosistemas rexionais de innovación en Europa a través da cooperación entre rexións líderes e emerxentes, aproveitando as fortalezas das primeiras para impulsar a innovación en áreas estratéxicas, especialmente en tecnoloxías avanzadas, e reforzar a transferencia de coñecemento ao mercado.