O pasado 23 de marzo, o equipo do Centro Demostrador Multisectorial DATAspace do CESGA organizou unha xornada formativa de introdución ao Espazo de Datos One Health orientada a empresas e institucións potencialmente interesadas en adherirse ao Kit de Espazo de Datos.

O obxectivo desta sesión formativa, na que participaron máis de 30 persoas, foi explicar dende os primeiros pasos como integrarse na contorna do EDD, facilitar  a resolución de dúbidas e detectar barreiras técnicas que puideran dificultar a dita integración.

Os tres bloques da sesión atópanse a disposición de toda persoa ou entidade interesada na canle de Youtube del CESGA.

FORMACIÓN | Introducción al Espacio de Datos OneHealth

Parte 1: Despregamento do conector

Parte 2: Subida e xestión de activos de datos (assets)

Parte 3: Declaración de evidencias dentro do espazo de datos

O equipo de formación do proxecto EDD One Health do CESGA ten previsto seguir ofrecendo accións formativas similares para continuar o proceso de acompañamento aos axentes interesados en integrarse nesta plataforma.

Todas as acciones formativas, futuras e xa realizadas, están a disposición na sección de Eventos da web do EDD. Guarda este enlace para non perder detalle: https://dataspace.cesga.es/es/events