O vindeiro venres 12 de xuño, o CESGA organiza un evento para presentar os resultados do proxecto de actualización do nodo de computación e datos. O traballo levado a cabo durante o último ano resultará nunha infraestrutura renovada que aumentará significativamente as capacidades que ofrecemos á nosa comunidade usuaria.

Este proxecto implica a actualización das instalacións de computación, dos sistemas de almacenamento de datos e dos desenvolvementos asociados á tecnoloxía cuántica, ao tempo que se garante a eficiencia enerxética e a sustentabilidade da nova instalación, que contará con sistemas mellorados de refrixeración e subministración de enerxía.

– Un novo supercomputador, o FinisTerrae IV.
– Dúas unidades de computación cuántica fabricadas pola empresa finesa IQM Quantum Computers: a de maior dimensión é un modelo Radiance de 54 cúbits superconductores, e contaremos tamén cunha unidade modelo Spark, de 5 cúbits, para formación e testeo de algoritmos.

Detalles do evento de presentación das infraestruturas

– Día: Venres 12 de xuño.
– Horario: de 11.30 a 14.00.
– Lugar: Auditorio 1, Edificio CINC, Cidade da Cultura.

Axenda do acto

Estes son os horarios detallados do evento de presentación das novas infraestruturas do CESGA, ao que asistirán representantes das institucións públicas implicadas. Ademais, celebraremos dúas mesas redondas sobre a contribución das grandes infraestruturas científicas á investigación europea e ás rexións nas que se atopan. Por último, ofreceremos un aperitivo no que poderemos xuntarnos nun ambiente máis informal. Descarga o programa en PDF.

11:00 Apertura e benvida a asistentes

– José Ignacio Doncel Morales, subdirector xeral de Grandes Instalacións Científico-Técnicas do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
– Carmen Cotelo Queijo, directora da Axencia Galega de Innovación, Xunta de Galicia.
– Representante do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

11:30 Infraestruturas de computación e datos a disposición do sistema español de I+D+i.

– José Ignacio López Cabido, director de infraestruturas e apoio á investigación do CESGA.

12:00 Mesa redonda: Valor estratéxico das infraestruturas de supercomputación para o sistema I+D+i en Europa.

Modera: Pablo López Campos (GCIENCIA)

– Mateo Valero Cortés, director do Barcelona Supercomputing Center – BSC.
– Senén Barro Ameneiro, director do Centro Singular de Investigación en Tecnologías Intelixentes – CiTIUS.
– José Manuel Silva Rodríguez, exdirector xeral de Investigación da Comisión Europea.

12:45 Mesa redonda: Influencia da presencia de grandes infraestructuras científicas nos ecosistemas de investigación

Modera: Pablo López Campos (GCIENCIA)

– Julio Rodríguez Banga, investigador do Laboratorio de Bioloxía Computacional, Misión Biolóxica de Galicia – CSIC.
 María Brión Martínez, directora do Proxecto Xenoma Galicia e investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago – IDIS.
– David Nicholas Olivieri Cecchi, investigador do Laboratorio de Intelixencia Artificial Aplicada – UVIGO.
– Susana Ladra González, investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións – CITIC.

13:30 Peche

Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional – Xunta de Galicia.

14:00 Aperitivo

INSCRIPCIÓNS

Cubre este formulario para confirmar a túa asistencia.