![]()
A 1HealthAI Factory foi premiada na VI edición dos premios Ennova Health, organizados por Diario Médico e Correo Farmacéutico.

Lois Orosa co galardón Ennova Health á Factoría 1HealthAI
O galardón á Factoría 1HealthAI foi concedido na categoría de Transformación Dixital da VI edición dos premios Ennova Health, organizados por Diario Médico e Correo Farmacéutico. Lois Orosa, director científico do CESGA, recolleu o galardón en Madrid o pasado 1 de outubro.
1HealthAI é unha das fábricas europeas de intelixencia artificial impulsadas por EuroHPC JU e estará centrada no ámbito da OneHealth, cun investimento de 82 millóns de euros.
Prestará, ademais, servizos de apoio integral a empresas e centros de investigación. Os seus ámbitos de traballo inclúen o medicamento personalizado, o envellecemento saudable, a xestión de recursos mariños, a biotecnoloxía azul, a agricultura, a gandería, o sector forestal, os alimentos funcionais e o desenvolvemento farmacéutico.
O proxecto conta co CSIC como socio e coas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, alén de DATAlife e Gradiant, no consorcio.
