Xornadas de divulgación tecnolóxica: Simulación, Modelización e Big Data na Industria 4.0
Estas xornadas celébranse en distintos puntos de Galicia. Nelas infórmase ás PEMES das diferentes medidas postas en marcha por GAIN, IGAPE e o CESGA para impulsar o uso destas tecnoloxías. Tamén se fala dos beneficios da simulación numérica, a modelización e o Big Data, das tecnoloxías que se requiren para implantar estas novas solucións. Por último, preséntanse casos de éxito de empresas da nosa contorna que xa teñen implantadas estas solucións, e o servizo Re-Acciona TIC de mellora competitiva para PEMES galegas.
| Data | Lugar |
| 20 de decembro do 2016 | Ourense. TECNÓPOLE. |
| 12 de xaneiro do 2017 | Lugo. Confederación de empresarios de Lugo (Sede Central). |
| 25 de xaneiro do 2017 | Porriño. AIMEN. |
| 9 de febreiro do 2017 | Bergongo. Asociación de empresarios de Bergondo. |
| 23 de febreiro do 2017 | Santiago. Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. |
PROGRAMA
| 09.30h. | Presentación Institucional | |
| Servizos do CESGA e GAIN-CIS Galicia para o impulso da matemática industrial e a computación nas PEMES. | GAIN | |
| Servizos Re-Acciona TIC de mellora competitiva para PEMES galegas: Xeración de Modelos e Simulación Industrial. | IGAPE | |
| 09:45h. | Simulación numérica e análise de datos. Beneficios para a PEME | CESGA |
| 10.00h. | Tecnoloxías necesarias: hardware, software e aplicacións. Requirimentos para a súa implantación. | CESGA |
| 10.15h. | Casos reais de empresas que xa apostaron pola implantación destas tecnoloxías. | CESGA |
| 10.30h. | Casos de éxito cara unha industria 4.0 grazas ás tecnoloxías Big Data & MSO (Modelización, Simulación e Optimización). | ITMATI |
| 10.45h. | Servizo Re-Acciona TIC de Xeración de Modelos e Simulación Industrial. | SOLTEC |
Para mais información, Teléfono: 981 337 133, e-mail: cisgalicia.gain@xunta.es.
![]()