Project Description

GIS-Estrimnides

Periodo:2016-06-13 – 2017-12-31 (12 meses).

Entidad financiadora: Ministerio ID

O principal propósito deste proxecto é desenvolver unha nova liña de investigación sobre o noroeste da Península Ibérica e as súas relacións co sur de Iberia e o Mediterráneo, especialmente a partir do século VI a.C. Este proxecto céntrase en tres aspectos. En primeiro lugar, analizar por medio de técnicas físico-químicas a orixe, relación e función dos obxectos materiais no contexto das redes de intercambio que impactaron no noroeste de Iberia. En segundo  lugar, sistematizar e ordenar a través dunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) a información arqueolóxica, tanto de elementos orgánicos como inorgánicos. E en terceiro lugar, partindo desta información explorar as respostas socio-materiais das comunidades do noroeste no contexto da súa interacción cos axentes mediterráneos.