Project Description

Quantum Spain – Ecosistema de Computación Cuántica de España para a IA

Período: 2021-10-26 – 2025-12-31

Financiado por: Ministerio de Asuntos Económicos y transformación Digital

Web: https://quantumspain-project.es/

O proxecto Quantum Spain persegue tres obxetivos.

1) Crear un computador cuántico de altas prestacións, a partir dunha aproximación tecnolóxica de cúbits baseados en correntes supercondutoras.

2) Crear un servizo de acceso remoto na nube ao procesador, para permitir á industria e ao sector público experimentar cos novos algoritmos cuánticos.

3) Desenvolver algoritmos cuánticos útiles, aplicables a problemas reais. Estes algoritmos farán especial fincapé no desenvolvemento de “quantum machine learning”, en profunda conexión cos avances en Intelixencia Artificial. O proxecto pretende crear un ecosistema cuántico competitivo, con implicacións de medio e longo prazo en tecnoloxías de hardware “deep tech”.