Posto: Técnico/a Especialista de Investigación en Tecnoloxía Educativa

Referencia: TEDUCA-25-TEI

Resumo:

O contrato está vinculado a dous proxectos europeos da liña de investigación en tecnoloxía educativa do centro: WrAIte e Radiography4Future. Ambos exploran o potencial da Intelixencia Artificial (IA) no ámbito da aprendizaxe.

O proxecto WrAIte “Creative writing with AI Methodologies and approaches for implementing dixital and AIassisted creative writing in adult education” está centrado na experimentación sobre a IA xenerativa e o seu potencial como ferramenta con fins educativos na escritura creativa de adultos.

O proxecto Radiography4Future “Lifelong learning among radiographers on artificial intelligence”, está centrado no deseño e pilotaxe dunha proposta formativa completa en microcredenciales sobre Intelixencia Artificial orientada aos profesionais e estudantes de radiografía.

Traballarás integrado/a en un equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Requisitos mínimos das/os candidatas/os:

  1. Titulacións ou equivalentes de plans anteriores:

– Técnico/a Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web
– Técnico/a Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

  1. Certificación de nivel de inglés B1, se non presenta certificación, deberá realizar unha proba.
  2. Certificación de galego CELGA4, se non presenta certificación, deberá realizar unha proba.

Documentos imprescindibles a presentar:

– ANEXO 01 (Modelo de Solicitude), cumprimentado e coa túa firma dixital.
– DNI o NIE.
– Currículum Vitae, que permita comprobar os requisitos e méritos indicados no Anexo II.

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.