Posto: Técnico/a Especialista de Investigación en Tecnoloxía Educativa
Referencia: TEDUCA-25-TEI
Resumo:
O contrato está vinculado a dous proxectos europeos da liña de investigación en tecnoloxía educativa do centro: WrAIte e Radiography4Future. Ambos exploran o potencial da Intelixencia Artificial (IA) no ámbito da aprendizaxe.
O proxecto WrAIte “Creative writing with AI Methodologies and approaches for implementing dixital and AIassisted creative writing in adult education” está centrado na experimentación sobre a IA xenerativa e o seu potencial como ferramenta con fins educativos na escritura creativa de adultos.
O proxecto Radiography4Future “Lifelong learning among radiographers on artificial intelligence”, está centrado no deseño e pilotaxe dunha proposta formativa completa en microcredenciales sobre Intelixencia Artificial orientada aos profesionais e estudantes de radiografía.
Traballarás integrado/a en un equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.
Requisitos mínimos das/os candidatas/os:
- Titulacións ou equivalentes de plans anteriores:
– Técnico/a Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web
– Técnico/a Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
- Certificación de nivel de inglés B1, se non presenta certificación, deberá realizar unha proba.
- Certificación de galego CELGA4, se non presenta certificación, deberá realizar unha proba.
Documentos imprescindibles a presentar:
– ANEXO 01 (Modelo de Solicitude), cumprimentado e coa túa firma dixital.
– DNI o NIE.
– Currículum Vitae, que permita comprobar os requisitos e méritos indicados no Anexo II.
Publicado: 07/07/2025
Anuncio DOG, 07 de xullo 2025
Bases da convocatoria
Anexo I: Modelo de solicitude (docx)
Anexo I: Modelo de solicitude (odt)
Modelo de alegación ou recurso (docx)
Modelo de alegación ou recurso (odt)
Se ten calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal
A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.