As prazas ofertadas están orientadas a traballar no marco dos proxectos QuantumLab – Quantum Analog Simulator with Paul Ion Traps y CosmicQuantum – Cosmic Ray Detection in the Quantum Computing Structure of CESGA.
O proxecto QuantumLab céntrase no desenvolvemento dunha plataforma experimental avanzada para tecnoloxías cuánticas baseada en trampas de Paul. O seu obxectivo é crear unha contorna versátil que permita a simulación cuántica con ións atrapados, abrindo novas posibilidades no procesamento de información cuántica e na exploración da física fundamental.
O proxecto CosmicQuantum aborda o estudo dos efectos da radiación cósmica nos sistemas de computación cuántica, unha cuestión crave para garantir a estabilidade e fiabilidade das tecnoloxías cuánticas emerxentes. A iniciativa inclúe o deseño e a operación dun detector para medir a radiación cósmica cargada que atravesa o computador cuántico Qmio do CESGA, permitindo rexistrar parámetros como a posición e o tempo de paso das partículas cósmicas.
Fai clic nas ligazóns de abaixo para ver a documentación e os detalles dos postos que imos cubrir nestes proxectos.
| Referencia | Posto | Prazas | Data límite solicitudes |
|---|---|---|---|
| PERTE47-25-INV-SCAE | Investigador/a en simulación cuántica analóxica de interaccións de alta enerxía | 1 | 07/11/2025 |
| PERTE47-25-INV-TRCSCC | Investigador/a (junior) en tecnoloxías de detección de radiación cósmica e o seu efecto nos sistemas de computación cuántica | 1 | 07/11/2025 |

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.