O CESGA inicia o curso piloto de Peneira, unha ferramenta para proxectos de Ciencia Colaborativa en 35 institutos de Galicia

– Preto de 1.000 estudantes participarán na pilotaxe desta plataforma web e móbil gratuíta para a recollida e análise de datos.

cesga curso piloto peneira

A Fundación Pública Galega Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) celebrou onte a sesión de inicio do curso piloto da ferramenta Peneira para validar o proxecto enfocado na ciencia cidadá e a innovación educativa.

Sobre Peneira

app peneira mockupPeneira é unha ferramenta web e móbil gratuíta deseñada e desenvolvida polo CESGA especificamente para a Ciencia Colaborativa e Ciencia Escolar. A plataforma permite a investigadores/as e docentes crear e xestionar proxectos multidisciplinares, facilitando que alumnado e colaboradores poidan realizar a recollida de datos de campo de forma sinxela mediante os seus propios dispositivos, mesmo desde sensores conectados a dispositivos externos. Posteriormente, estes datos poden ser descargados e analizados no contexto da aula ou dun proxecto de investigación.

 

Alcance e participación do curso piloto de Peneira

O curso piloto de Peneira que comezou onte, e que se realiza en colaboración co CIEDIX da Consellería de Educación da Xunta, oito centros educativos galegos e o grupo de investigación TecnoEduc da USC, que dará soporte á avaliación do mesmo.

Esta experiencia contará cunha destacada participación no ámbito educativo galego:

35 profesores de 8 institutos de toda Galicia formaranse e guiarán os proxectos.
– Ao redor de 1.000 estudantes involucraranse activamente no desenvolvemento de proxectos de ciencia colaborativa e ciencia cidadá de ámbito educativo ao longo deste curso escolar.

O obxectivo principal é dotar aos centros dunha infraestrutura tecnolóxica aberta para fomentar a aprendizaxe activa, a investigación e o desenvolvemento de competencias científicas no alumnado.

Compromiso coa educación e a investigación

circuito arduino peneiraCon esta iniciativa, o CESGA reforza a súa liña de traballo estratéxica de proporcionar ferramentas innovadoras e abertas que fornezan un soporte esencial á educación e á investigación na comunidade galega, impulsando a transferencia de coñecemento e tecnoloxía ao sistema educativo.

 

Como se utiliza Peneira? Consulta o manual de uso

 

Novas relacionadas