Referencia: Xerente-26

Posto: Xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Convocatoria para a cobertura do posto de Xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), cuxas funcións se atopan recollidas no artigo 27 dos estatutos da propia Fundación.

Búscase un/unha profesional con titulación universitaria (Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas, ou Relacións Laborais), nivel CELGA 4 de galego e unha experiencia moi sólida: 8 anos no sector público, dos cales polo menos 5 en postos de xestión con funcións de responsabilidade técnica, xurídica ou de xestión económica, no ámbito da Administración Autonómica.

Titulación: Nivel 3 (Grado + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo ou equivalente nas áreas de Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas ou Relacións Laborais.

Experiencia Profesional: Requírese unha experiencia profesional mínima de oito (8) anos no sector público, dos cales, polo menos cinco (5) deberán desempeñarse en postos de xestión que impliquen funcións de responsabilidade técnica, xurídica ou de xestión económica, no ámbito da Administración Autonómica.

Competencia Lingüística: Coñecemento do idioma galego mediante o título do CELGA 4, curso de perfeccionamento ou equivalente homologado (o superación proba nivel).

Dependencia: Presidencia da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro).

Categoría: Directivo do grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: Alta dirección.