Referencia: Xerente-26_2

Denominación do posto: Xerente/a da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Convocatoria para a cobertura do posto de Xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), cuxas funcións se atopan recollidas no artigo 27 dos estatutos da propia Fundación.

Dependencia: Presidencia da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro).

Categoría: Directivo do grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: alta dirección.