O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou o pasado venres 29 de outubro en Santiago na XIII Noite dá Enxeñaría en Informática de Galicia, onde o Centro de Supercomputación de Galicia resultou premiado na categoría de Iniciativa da Administración polo seu proxecto Quantum Computing.

Conde quixo agradecer este galardón ao Colexio de Enxeñería Informática de Galicia –organizador do evento–, ao mesmo tempo que destacou que o  Cesga xoga un papel imprescindible como colaborador necesario do ecosistema de I+D+i e os sectores estratéxicos da economía galega neste contexto de transición dixital.

Recoxida premio CPIG 2021

Mauro Fernández Dabouza, Director-Xerente do CESGA recolle o premio Iniciativa da Administración polo proxecto Quantum Computing

Neste sentido, asegurou que Galicia conta coa infraestrutura de vangarda necesaria para impulsar o Polo de tecnoloxías cuánticas que sitúe á Comunidade como un referente neste campo a nivel estatal. Un obxectivo no que a Xunta quere contribuír reservando unha partida específica nos orzamentos do próximo ano de 18,2 millóns de euros para levar adiante esta iniciativa.

Máis información:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/63178/xunta-destaca-papel-del-cesga-como-colaborador-ecosistema-idi-los-sectores-estrategicos