O proxecto Trafair, no que participan o CESGA, o Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o premio que outorga a plataforma “X Aire Limpio” polo seu estudo sobre a calidade do aire en función das condicións climatolóxicas e de tráfico rodado.

O xurado destacou a Santiago como a cidade española de menos de 100.000 habitantes máis comprometida coa calidade do aire que respira a súa cidadanía e recoñeceu o rigor científico da sua proposta, a utilización de novas tecnoloxías e o desenvolvemento de servizos innovadores e sostibles para producir nova información robusta e fiable. Premio Proyecto TRAFAIR

Ao acto de entrega do galardón, na Alameda de Santiago, acudiron o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo; a concelleira de Medio Ambiente, Milagros Castro; o director de Cambio Climático e membro da Xunta Directiva da Plataforma ‘X Aire Limpio’, Juan Carlos Marina; o director da Plataforma, Jaime Gil-Robles M. de Vienne, e a presidenta do CESGA e directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vilar.

Ao remate do mesmo levouse a cabo a plantación dunha árbore, unha Davinia Involucrata, como símbolo da renaturalización das cidades.

Web do Proxecto TRAFAIR:

http://trafair.eu/