A Deputación Provincial de Ourense organiza a MOBILE WEEK OURENSE 2021, unha iniciativa patrocinada, entre outros, polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Praza dás Damas, e no marco da Mobile Week Ourense 2021, o día 22 ás 18:00 h. celebrarase unha sesión sobre como as PEME se poden beneficiar da supercomputación.

Non se perda este taller para informarse de todas as posibilidades e vantaxes que ofrece a Supercomputación.

Darán a benvida a esta sesión María Sol Novoa, presidenta da CEO e Mauro Fernández, director xerente do CESGA.

Como as PEMES se poden beneficiar da Supercomputación?

* Dia: luns 22 de novembro
* Horario: De 18:00h. a 19:00h.
* Lugar: Confederación Empresarial de Ourense – Praza das Damas, 1, 32005 Ourense
* A participación é totalmente gratuita e pode realizar a súa inscrición cubra o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSffkBV1mhjK_A_LNXfFp3WYdolu3kJmo9ImSQECDqF2TURz_Q/viewfor

* Retransmisión en streaming:

https://e-learning.cesga.es/mweekou

Axenda
18:00 Benvida
18:10 Presentación a cargo de Laura Martinez Calvo (Técnico proxecto EUROCC – CESGA).
Que é a Supercomputación e cal é a súa importancia no contexto actual da transformación dixital?
O Centro de Supercomputación de Galicia, un recurso a disposición das PEMES.
A supercomputación, unha potente ferramenta para o desenvolvemento de novos productos e para a optimización de procesos.
Supercomputación: ventaxas e casos de éxito.
Proxectos de supercomputación e propiedade intelectual: medidas de confidencialidade e proteción.
Oportunidades de acceso para pemes a potentes infraestruturas de supercomputación para realización de pilotos ou probas de concepto.
18:40 Quenda de preguntas
19:00 Peche

 

Sobre a relatora: Laura Martínez Calvo é Técnica Superior del Proxecto ‘EuroCC: National Competence Centres in the Framework of EuroHPC’ en CESGA. O proxecto EuroCC Spain ten como obxectivo a creación dun Centro Nacional de Competencia (NCC) que sexa capaz de proporcionar unha ampla carteira de servizos de Supercomputación, Big Data e Intelixencia Artificial adaptados ás necesidades respectivas da industria (especialmente pemes), o mundo académico e a administracion pública en España.

Para máis información pode contactar coa CEO no teléfono 988 391 110 ou no e-mail europeos@ceo.es

Máis información sobre a Mobile Week Ourense:

https://mweek.com/ourense/

Mobile Week Ourense 2021