Quantum_Iber_IA («Impulso estratéxico das capacidades en tecnoloxías cuánticas e intelixencia artificial no espazo ibérico transfronteirizo») é un proxecto de cooperación transfronteiriza cofinanciado polo programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.
O seu obxectivo é posicionar a península ibérica como referente na creación e aplicación de tecnoloxías cuánticas (computación, comunicacións e simulación) e intelixencia artificial, impulsando o uso compartido de infraestruturas —supercomputadores, redes cuánticas, plataformas de IA— e a súa aplicación en sectores estratéxicos como a agroalimentación, a saúde, a ciberseguridade, a enerxía e o medio ambiente.
Liderado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), o proxecto reúne a 17 entidades de España e Portugal: Axencia Galega de Innovación (GAIN, coordinador), CESGA, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, FEUGA, Universidade do Minho, Laboratório Ibérico Internacional de Nanotecnologia (INL), INESC TEC, Universidad de Extremadura, Extremadura Supercomputing Center-COMPUTAEX, Universidade de Évora, Universidade de Aveiro, SCAYLE, CCDR Norte, International Quantum Center (FSAS Technologies / Fujitsu) e a Agencia Digital de Andalucía.
Neste marco se convoca a Quantum_Iber_IA International Conference 2026, un encontro científico-técnico aberto á comunidade académica, tecnolóxica e empresarial ibérica e internacional, para compartir avances, resultados e casos de uso en tecnoloxías cuánticas e intelixencia artificial.
Acéptanse comunicacións relacionados, entre outros, con:
- – Computación cuántica: algoritmos, hardware, simuladores e benchmarking.
- – Comunicacións cuánticas e redes cuánticas (QKD, Quantum Communication Infrastructures, redes cuánticas baseadas en entrelazamento).
- – Criptografía Cuántica.
- – Simulación cuántica aplicada a problemas científicos e industriais.
- – Sensórica e metroloxía cuántica.
- – Intelixencia artificial e integración híbrida cuántico-IA.
- – Adaptación de LLM ás linguaxes ibéricas.
- – Estratexias de IA para traducir entre as linguas ibéricas.
- – TTS y ASR para Galego, Portugués e Español.
- – Casos de uso, pilotos e plataformas experimentais orientados a IA e Tecnoloxías cuánticas.
Datas importantes:
- Peche de recepción de resumos (abstracts), 15 de setembro de 2026
- Celebración da conferencia, 9 e 10 de novembro de 2026
Envío de resumos:
As persoas interesadas deberán enviar un resumo (abstract) do seu traballo a través da plataforma https://calls.cesga.es/qiia2026, indicando título, autoría, afiliación e área temática. A extensión máxima do abstract será de 2 páxinas en formato PDF, cun tamaño de ficheiro de non máis de 5MB. Recoméndase usar como formato do documento o proporcionado para a serie LNCS (Lecture Notes in Computer Science | Information for authors and editors). Acéptanse resultados de investigación orixinais, casos de uso, demostradores tecnolóxicos e traballos en curso. As comunicacións poderán presentarse en español, inglés ou portugués.