CESGA achega á IMAXINA Coruña ferramenta para Ciencia Ciudadana

CESGA proporciona “Peneira”, a ferramenta para a colleita de datos xeolocalizados para o programa IMAXINA, o concurso escolar de ciencia cidadana organizado polos Museos Científicos do Concello da Coruña.PENEIRA APP

O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.

A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen a ser finalistas.

Convidamos a tódolos centros educativos con sede na cidade da Coruña e área metropolitana a participar no programa IMAXINA.

Descubre aquí como facelo: https://www.coruna.gal/educacion/gl/plan-coruna-educa/detalle-programa/concurso-imaxina-coruna-2022-23/contenido/1453802172149