A entidade Gaussian, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e co profesor Saulo Vázquez da Universidade de Santiago, vén de anunciar a celebración da xuntanza de traballo internacional “Introduction to Gaussian: Theory and Practice” que terá lugar en Santiago de Compostela do 10 ao 14 de Xullo, 2017. Participarán no obradoiro investigadores de todos os niveis de contornas académicos e industriais, dando conta de toda a gama de metodoloxías e recursos dispoñíbeis no paquete 16 de Gaussian… Ler máis