Comezaron en Santiago de Compostela as xornadas “ Digitalia Humanistica”, organizadas polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento ( IEGPS) en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o patrocinio das empresas Atos e NetApp.

Se desenvolveran os días 11, 12 e 13 de marzo no salón de actos do Antigo Hospital de San Roque ( rúa de San Roque, 2), en horario de mañá e tarde.

Apertura Digitalia Humanistica

Versarán sobre a investigación en Humanidades e as humanidades dixitais e concíbense como unha introdución ao tema na que se compaxinan -desde diferentes enfoques- a visión dos investigadores de Humanidades e a dos investigadores e técnicos procedentes doutras áreas e implicados directamente no seu desenvolvemento.

O acto inaugural terá lugar mañá, 11 de marzo, ás 09.30 horas. Contará coas intervencións do director do CESGA, Mauro Fernández Dabouza e director do IEGPS, Eduardo Pardo de Gevara e Valdés.

Constan de 18 relatorios distribuídos nas que se abordarán desde o propio concepto e as diferentes formulacións ou enfoques das humanidades dixitais ao impacto da era dixital nos arquivos, pasando pola experiencia e as oportunidades do CESGA nas tecnoloxías computacionales. Concluirán cunha mesa redonda titulada “Posibilidades, problemas e desafíos inmediatos das humanidades dixitais”.

Os relatores proceden de institutos de investigación do CSIC, CESGA, Xunta de Galicia, universidades (Santiago de Compostela, A Coruña, Autónoma de Barcelona, Politécnica de Valencia, Complutense e Politécnica de Madrid, Viena, Cambridge), Fundación Ignacio Larramendi e Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico.

Programa: “Digitalia Humanistica. La investigación en Humanidades y las humanidades digitales”