O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e o proxecto EuroCC Spain organizan, o próximo 20 de xuño de 2023, 10:00h a 13:00h, na sede CDTI (Madrid),  unha xornada divulgativa sobre o uso da computación de Altas Prestacións (HPC) en empresas.

Na xornada expoñeranse casos de uso por parte de empresas que se benefician do uso da supercomputación como ferramenta de traballo.

Ademais, darase a coñecer o Centro Nacional de Competencias e a súa oferta gratuíta de acceso a recursos de cálculo, así como os programas de financiamento do CDTI para pemes.

A inscrición é gratuíta. Faga clic na seguinte ligazón para xerar a súa invitación.

https://eventos.cdti.es/ES/20230620_EuroCC_Spain_CDTI_EIC