MINI ENCONTRO ONEHEALTH DATASPACE

Os teus datos. O teu control. Coñecemento que transforma a saúde global

CHUS. Santiago de Compostela. Martes, 23 de xuño, 12.30h. Sala Anfiteatro

Dende o OneHealth DataSpace (OHDS) do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) convidámoste a coñecer a nosa infraestrutura dixital federada, que está a cambiar a forma na que se intercambian, procesan e explotan os datos do ámbito One Health (Unha Soa Saúde), que contempla a saúde humana, animal e medioambiental como un todo.

Que propoñemos?

Un encontro dunha hora, pensado para coñecernos, analizar as necesidades de cada proxecto e construír solucións xuntos.
Comezaremos presentando en que consiste o OneHealth DataSpace e as súas posibilidades. E dedicaremos a maior parte do tempo a conversar: que retos ten o teu grupo?, como podemos achegar valor á túa investigación coa tecnoloxía que construímos?

Dirixido a…

Grupos de investigación no ámbito da saúde humana, animal ou ambiental que xeren datos de calidade e queiran impulsar as súas investigacións.

Que ofrecemos?

  • Unha infraestrutura soberana, segura e interoperable ao servizo da ciencia para entidades públicas e privadas.
  • Os datos non se ceden, permanecen baixo o teu control.
  • Accede ao intercambio de datos de calidade con outras entidades, proxectos, iniciativas, etc.
  • Goza da capacidade de supercomputación do CESGA aplicada aos teus datos.
  • Conecta con outros grupos do ecosistema One Health.
  • Explora colaboracións concretas para o teu proxecto.
  • Acada mellores resultados.

Máis que datos. Transformamos os datos en coñecemento accionable

No OHDS, ofrecemos ás entidades participantes un ciclo completo de traballo —dende a integración e xestión dos datos, ata o seu intercambio, procesamento avanzado, análise, execución de modelos e almacenamento de resultados— sen perder en ningún momento o control sobre eles.

Acceso con inscrición previa aquí. Prazas limitadas.

OneHealth DataSpace · Un proxecto do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)