Unha enxeñeira ou científica en cada coleO CESGA parcitipa na segunda edición de “Unha enxeñeira ou científica en cada cole”
Dúas investigadoras do CESGA participarán esta semana na acción promovida pola USC no marco do convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela, en materia de igualdade de xénero e promoción das actividades STEM (Science Technology Engineering Maths) entre escolares composteláns.
A actividade proposta polo CESGA será “Falando cos superordenadores”, e estará a cargo de Natalia Costas e Mª José R. Malmierca. Na mesma, de forma lúdica e práctica, levaranse a cabo varias experiencias de uso da programación básica e a súa interacción con microcontroladores e diversos compoñentes externos.
Esta actividade enmárcase dentro das accións que leva o CESGA ao longo do ano no marco do seu Plan de Igualdade.